Alerta na universidade: O Estado deita a carga nas familias, e non todas poden
Alumnos das universidades da Coruña e Vigo explican como a falta de recursos económicos obrigounos a abandonar os estudos. As taxas de abandono soben cada novo curso -no país case dez puntos entre o 2014 e o 2016, segundo datos do Ministerio-, pero ninguén parece preocupado polas causas.