Amarelas: turismo sen pasar por Compostela

Cristina e Erea emprenden, aprenden e ensinan como facer turismo fóra do rego da industria.

Compartilhar no facebook
Facebook
Compartilhar no twitter
Twitter
Compartilhar no google
Google+
Compartilhar no whatsapp
WhatsApp
Compartilhar no telegram
Telegram
Compartilhar no email
Email
Compartilhar no facebook
Compartilhar no twitter
Compartilhar no google
Compartilhar no whatsapp
Compartilhar no telegram
Compartilhar no email

Ximena Gonzñalez | Ourense, 16 de outubro.  Amarelas traballan o turismo. Fano na Galiza interior. Procurando “redistribuír os fluxos turísticos mas tamén a riqueza”… e “sacando xente de Santiago de Compostela”. Amarelas é unha cooperativa. Son Cristina González e Erea Viz. A sociedade naceu en marzo de 2018 nesa liña de proxectos cooperativos que procuran algo máis que emprego en tempos de crise. Arrancou coa etiqueta de turismo sostíbel, si; pero tamén coa intención dar un salto en relación a esa maneira de entender a explotación dos recursos turísticos. Amarelas traballa nas áreas do Deza e na Limia, as dúas zonas do país, aseguran, con menos turistas ou visitantes. Para Erea e Cristina en Galiza temos “recursos naturais” con potencialidade en todo o territorio e só se trata de crear unha oferta atractiva para quen nos visita.

Cooperar. Cristina e Erea proceden do ámbito social, de educación e maxisterio, e pensan como trasladar ese espírito ao turismo. Para elas esa forma diferente de pensar o turismo significa unha forma diferente de traballar os recursos locais. Por iso tamén o formato cooperativa. En Espazo Coop orientáronas e facilitáronlles a formación para abordar o plan de empresa cooperativa. Neste proceso, contan, descubriron os valores cooperativos e sentíronse representadas nun espírito que para elas xa era unha forma de vida. Cando falan do modelo cooperativo resaltan a importancia de que “o capital sexan as persoas” e que se podan construír relacións económicas xustas para todas as partes, de aí o seu empeño en contar co tecido social e económico das áreas nas que traballan. Iso si, recoñecen que o traballo de sacar adiante a Cooperativa “é demasiado para dúas” e andan na procura de persoas cos seus mesmos intereses e que compartan a súa forma de entender o turismo para integralas no proxecto.

Beneficio social. A aposta pola desestacionalización e a redistribución das visitantes tamén ten que ver con outro dos eixos do seu proxecto: “dinamizar e deixar beneficio social e económico nas vilas do país”. Para iso presumen de traballar na súa terra e de coñecer os recursos, á xente e aproveitar a proximidade como un valor para crear esas experiencias que ofertan. O obxectivo de Amarelas é procurar un beneficio social e comunitario deixando un impacto positivo no territorio no que desenvolven as actividades. “O beneficio ten que ser para as visitantes, mas tamén para a comunidade, tanto a nivel social como económico”, din. Foxen do turismo de masas das cidades e centran a súa actividade no turismo rural, nun rural que coñecen, queren e defenden. “Un contexto no que unir experiencias en torno á natureza e á cultura”.

Cristina e Erea, socias en Amarelas.

Creatividade. A de Amarelas é unha aposta polo “turismo creativo” e por transformar a visita nunha “experiencia única” para quen visita por primeira vez un lugar ou mesmo para quen xa o coñece e ten a oportunidade de miralo con outros ollos. Queren ampliar o turismo no rural a todo o ano, creando rede cos establecementos e as infraestruturas que xa existen, e sumando novos axentes sociais a este xeito de traballar sobre o patrimonio “fronte ao modelo promovido polas institucións”. Elas explican a diferencia dun proxecto cooperativo como Amarelas do turismo de masas que é o que se fomenta dende as institucións. Defenden á “xente que quere facer cousas no seu tempo libre” fronte aos simples turistas. Por iso priman unha relación coa veciñanza na que desenvolver actividades e por iso tamén moitas das persoas que contactan con elas son persoas da zona ou da contorna, que xa coñecen o medio, pero que atopan en Amarelas unha forma diferente de vivir esas paisaxes naturais e humanas. “As nosas clientas son a maioría galegas, o que supón un reto para amosar o territorio dunha maneira diferente a como xa se coñece, e adoitan ser persoas con curiosidade, que queren facer cousas diferentes”. Amarelas ofrece turismo próximo e personalizado, con grupos dun máximo de 20 persoas que garantan unha pegada sostíbel no territorio. Turismo creativo mas tamén sostíbel a nivel social, económico e ambiental como obxectivo prioritario do desenvolvemento no rural.

A pegada mínima. O seu plan é non modificar a realidade social do lugar en que realizan as actividades e para iso cada analizan previamente os indicadores de impacto que pode ter. Con este plan tamén traballan en que as persoas coñezan a problemática do turismo de masas, saiban onde van, que se fai no lugar que se visita e a través da interpretación dean valor a toda esa experiencia. “Ao visitante tamén hai que transmitirlle o coñecemento e o respecto do medio e o lugar que visita”. Respecto do negocio que se promove desde as institucións, en Amarelas téñeno claro: “non hai planificación sostíbel e real a longo prazo, fai falla investimento e control sobre o que se fai neste sector, non todo é gañar diñeiro”. Cristina e Erea están a favor das polémicas taxas turísticas pero aclaran que “o problema é como se distribúe despois ese diñeiro” por parte das institucións. “Temos infraestruturas pero falta planificación”, lembran. E reclaman atención ao desenvolvemento rural e unha estratexia para resolver os problemas das veciñas. “Non serve impulsar cousas”, din, “como se fixo numerosas casas de turismo rural, que logo pechan a maior parte do ano porque non hai ningunha planificación para o turismo da zona na que están”. Elas son grandes críticas do turismo “como ocupación hoteleira”, e advirten da precariedade na contratación no sector e da falta doutros indicadores que permitan un negocio menos estacional e menos “urbano”. Advirten que “ese turismo de ocupación hoteleira, tamén chamado de sol e praia é o que masifica os recursos, infla os prezos, ignora o interior e despraza ás veciñas onde se concentra”. Como exemplo disto, din, o modelo AirBnb –a plataforma de intercambio de aloxamentos presente en 191 países que ofrece case 4 millóns de vivendas– que “desmonta a vida social dos barrios e despraza ás veciñas converténdoos en espazos para o turismo e non para a vida, perdendo identidade, seguridade, a vida comunitaria e así nacen os barrios pantasma”.

Paisaxe da ‘Ruta de Zobra’. @fiveprime @roteirosgalegos

Onde e que. “Se dicimos que o que facemos é interpretación con carácter participativo, non explicamos moito”, din entre risas. Os seus programas van desde o Entroido até a gastronomía, pasando pola Vida dun río esquecido –o Limia desde as súas fontes no monte Talariño– e polo patrimonio monumental: o Carboeiro, por exemplo. Erea e Cristina explican como fan o que fan a partir dun par de ofertas a modo de exemplo, non sen antes aclarar “a experiencia comeza co contacto telefónico, aí é cando comezamos a explicar o que facemos e a xente xa se dá conta de que non vai facer un turismo como o habitual”.

A conquista de Carboeiro é unha forma de revisar os ollos cos que miramos o noso patrimonio. Propoñen unha visita nocturna ao Mosteiro de Carboeiro. Equipadas con lanternas e formando grupos, as visitantes desenvolven un xogo en tempo real (algo semellante ao rol, din) no que van descubrindo e coñecendo a historia do mosteiro. O obxectivo é adquirir coñecemento a través do xogo e pasar de ser ouvinte pasivo a actor da aprendizaxe. Comentan que no refrixerio posterior, que tamén serve de avaliación da actividade, a diversión e a descuberta do que se aprende son as maiores satisfaccións das participantes. En Zobra, na Serra do Candán, unha pequena aldea de produtoras tradicionais de mel en ecolóxico, a proposta une sendeirismo e interpretación da flora e fauna do lugar cun obradoiro de mel e unha cata. É unha actividade á que poden acompañar as mascotas. Amarelas tamén realiza proxectos sociodeducativos con institutos para a divulgación da economía social, unha das preocupacións das promotoras deste proxecto.

 

Deixe um comentário

Deixe um comentário