
Moeda, Terra e xustiza social post capitalista
En Galiza, un centenar de familias basean unha parte da súa economía no FairCoin, unha moeda electrónica descentralizada. As transaccións, a diferenza de Bitcoin, son practicamente gratuítas e lévanse a efecto de maneira inmediata. Aínda que é unha moeda completamente libre, hai unha gran comunidade de activistas en todo o mundo que a utilizan como ferramenta para tentar construír un sistema económico máis xusto. Bitcoin é basicamente un produto especulativo.

“Quen muda o mundo son as mulleres”
Xeracción é unha empresa de intervención sociocomunitaria que naceu en Ourense dun curso de emprendemento para desempregadas. O curso ensinoulles dúas cousas: a emprender unha aventura en común e a rexeitar o emprendemento que a sociedade promove como modelo de éxito social. Non é unha contradición.

As empresas fronteira saúdan a nova lei de contratos públicos
O Foro pola Economía Social Galega pide ás Administracións que aproveiten á porta que abre a norma ás cláusulas sociais e aos mercados reservados. Portavoces das principais asociacións valoran as potencialidades do articulado e piden participar do seu desenvolvemento normativo.

Campo Capela, reorientando o minifundio
“Aquí sempre se defendeu a unión cooperativa porque con pequenas explotacións ese é o único camiño para saír adiante. Este pensamento inflúe claramente na nosa traxectoria. Respecto doutras rexións nas que as explotacións teñen máis territorio, en Galiza o cooperativismo segue a loitar co minufundismo”, di Ana Isabel Vence, traballadora desde 1978, xerente e secretaria do consello reitor de Produtores de Campo da Capela S. Coop Galega.

Mulleres Colleiteiras: unha arañeira en lila
Entre as catro tecen con la unha rede de cor lila. Porque, máis aló de formas xurídicas e de obxectivos numéricos, Mulleres Colleiteiras é un espazo de encontro, unha forma de gañar a vida, un bocadiño de xustiza social que emerxe, coma sempre, desde as marxes.