Coeducación e corresponsabilidade

"En España dedicáronse ao longo de 2018 máis de 130 millóns de horas en traballo non remunerado; isto equivale a unha poboación de 16 millóns que tivesen unha xornada laboral de oito horas diarias e case un 15% do PIB", advirte o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

Compartilhar no facebook
Facebook
Compartilhar no twitter
Twitter
Compartilhar no google
Google+
Compartilhar no whatsapp
WhatsApp
Compartilhar no telegram
Telegram
Compartilhar no email
Email
Compartilhar no facebook
Compartilhar no twitter
Compartilhar no google
Compartilhar no whatsapp
Compartilhar no telegram
Compartilhar no email

Redacción adiante | A Coruña | 7 de marzo.  “A corresponsabilidade, clave para que alcancemos a igualdade real”, arranca a declaración institucional que difundiu este sábado o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia con motivo do Día Internacional da Muller, mañá, 8M. O escrito redactado pola Xunta de Goberno subliña “a necesidade de promover a corresponsabilidade no espazo doméstico e a visibilización dos coidados para achegarnos ao fin da histórica desigualdade de xénero entre homes e mulleres”.

As psicólogas galegas consideran que “o avance cara á igualdade a través da incorporación da muller ao mundo laboral non se traduciu na mesma medida na incorporación do home ao espazo doméstico. Ademais, as tarefas vinculadas aos coidados continúan sendo invisibles e minusvaloradas, polo que mentres non se poñan en valor será moi difícil que poidamos alcanzar unha igualdade real. Non debemos ignorar que as familias son múltiples e diversas, como as monoparentais, as que teñen cargas familiares, en situación de viuvez, de dependencia etc., coas consecuencias que cada circunstancia supón”.

Imaxes da manifestación de Verín o pasado domingo. Fotogarfías: @GalizaContrainfo e @Galegas8M

E ofrecen a evidencia dos datos: “En España dedicáronse ao longo de 2018 máis de 130 millóns de horas en traballo non remunerado; isto equivale a unha poboación de 16 millóns que tivesen unha xornada laboral de oito horas diarias e case un 15% do PIB”. Uns coidados, din, que “non coñecen vacacións nin idade de xubilación”.

“O cambio social é lento”, constatan, “polo que debemos promover a través dos diferentes axentes de socialización e promovido polas administracións públicas modelos de participación igualitaria nas tarefas domésticas e nos labores de coidados, para dinamizar o avance cara á equidade real entre mulleres e homes, tamén no espazo privado”.

Apelas á educación en igualdade “para evitar as discriminacións ou desigualdades por motivo de xénero”, así como á corresponsabilidade no fogar, “consistente en que homes e mulleres se responsabilicen por igual das tarefas domésticas e de coidados”, como ferramentas para desmontar as bases da desigualdade. E conclúen: “Neste sentido, a coeducación é clave para promover modelos corresponsables, xa que permite a educación en igualdade a nenos e nenas, para desterrar os roles, os estereotipos e os prexuízos de xénero; construcións sociais que sustentan a desigualdade e as súas repercusións. Roles de xénero como os que identifican as mulleres como responsables das tarefas domésticas e dos coidados”.

 

Texto íntegro da declaración en https://copgalicia.gal/novas/comision-intersectorial-de-xenero/corresponsabilidade-clave-para-que-alcancemos-igualdade-real

 

Deixe um comentário

Deixe um comentário