Antonio Rodríguez Colmenero

Lucenza, Cualedro (Ourense), 1936. Profesor Emérito e posteriormente Profesor ad Honorem na Universidade de Santiago de Compostela. Académico numerario da Real Academia Galega de Belas Artes, Correspondente da Real Academia da Historia e director do Grupo Arqueolóxico Larouco. Autor de monografías relacionadas coa arqueoloxía e a historia antiga e de máis de trescentos de artigos sobre estas mesmas materias. Foi director de numerosos proxectos de investigación, entre eles as excavacións arqueolóxicas de Lugo, do campamento romano Aquis Querquennis (Bande), do poboado romano de Santa Marta, do oratorio paleocristiá de Ouvigo, e nas excavacións da Aquae Flaviae (Chaves, Portugal).