Aurora Marco López

Noguera de Albarracín (Teruel), 1948. Doutora en Filosofía e Letras pola USC. Catedrática de Didáctica da Lingua e Literatura Galega na Facultade de Ciencias da Educación. Autora, entre outras obras, dos ensaios Foula e Ronsel. Os anos xuvenís de Carvalho Calero (1992), Dicionario de mulleres galegas. Das orixes a 1975 (2007), Mulleres na guerrilla antifranquista galega (2011) e Elas (2015). Tamén participou nas obras colectivas As Irmandades da Fala (1916-1931). Reivindicación identitaria e activismo socio-político-cultural no primeiro terzo do século XX (2016), coordinada por Uxío-Breogán Diéguez , e Bolcheviques. 1917-2017 (2017), coordinada por Teresa Moure. Entre outras, recibiu as distincións de Republicana de Honra da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica de Coruña (2014), e o Premio Galiza Mártir da Fundación Alexandre Bóveda (2016).