Belén Fernández Suárez

A Coruña, 1977. Doutora en Socioloxía pola Universidade da Coruña (UDC). A súa tese: La institucionalización (débil) de las políticas de integración de los inmigrantes: análisis comparado de Andalucía, Cataluña y Madrid, foi dirixida por Antonio Izquierdo Escribano. Profesora do Departamento de Socioloxía e Ciencia Política e da Administración na UDC. Ten participado recentemente nos proxectos de investigación: “Mantemento lingüístico e cultural de orixe nas comunidades migrantes: Novas perspectivas para a integración” (2014-2017) e “Asociacionismo migrante en Galicia. Lazos transnacionales y codesarrollo desde una perspectiva de género” (2014-2015). Entre as súas últimas publicacións están Migratory trends and their relatin¡on to specific policy regarding migrations in Galicia, en Pérez-Caramés, A.; DePalma, R. (ed.): Beyond global cities: a case study of emerging superdiversity (2016); La integración sociocultural en Galicia. Políticas y prácticas sobre inmigración, xunto a DePalma, R.; Sánchez Bello, A.; e Verdía, V. (2018), e o ensaio La alteridad domesticada. La política de integración de inmigrantes en España: actores y territorios, publicado este mesmo ano en Edicions Bellaterra e que toma como base a súa tese doutoral.