Daniel Raventós Pañella

1958, Barcelona. Doutor en Ciencias Económicas, profesor na Universidade de Barcelona, membro do grupo de investigación GREECS (Grup de Recerca en Ética económico social i Epistemología de les Ciències Socials) e presidente da Red Renta Básica, fundada no 2001. Tamén é membro da International Board de la Basic Income Earth Network (BIEN) Foi director da revista política Demà e membro do consello editorial de Viento Sur até o 2003. É fundador da revista Sin Permiso. E autor do estudo que introduciu o debate sobre a renda básica no Estado, El derecho a la existencia (Ariel, 1999) e dedica boa parte da súa actividade á divulgación da proposta. Entre as súas publicacións máis recentes están Renta Básica Incondicional (Ediciones del Serbal, 2017), xunto a Jordi Arcaróns e Lluís Torrens; ‘La renta básica como derecho humano emergente y ante la crisis económica actual’, en Desafíos actuales de los derechos humanos: la renta básica y el futuro del Estado social (Dykinson, 2012), coordinado por María E. Rodríguez, Ignacio Campoy e José Luis Pérez; e La renta básica en la era de las grandes desigualdades (Montesinos, 2011), obra colectiva que coordinou xunto a David Casassas. A súa última colaboración en Sin Permiso leva por título 15 de abril: otra gran mobilización catalana por las libertades democráticas.