Diego López de Lera

Madrid, 1954. Doutor en Socioloxía pola Universidad Complutense de Madrid. Profesor Titular de Universidade na Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña desde 1998. Consultor da OCDE e das Nacións Unidas. Coordinador da área de migracións internacionais do Instituto de Demografía del CSIC (1989-1994). Dirixiu, entre outros, os proxectos Procesos de retorno de los inmigrantes extranjeros en España, financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación, e Demografía de los Extranjeros: incidencia en el crecimiento de la población, patrocinado por la Fundación BBVA. Autor de Administración pública e estranxería: necesidades formativas e boas prácticas (EGAP, 2007) e Demografía de los extranjeros. Incidencia en el crecimiento de la población (Fundación BBVA, 2006). Entre as súas últimas publicacións están os artigos ‘Panorama de la migración internacional en España’, xunto a Antonio Izquierdo, en España 2015: Situación social, e ‘La decisión de retornar en tiempos de crisis. Una perspectiva comparada de los migrantes ecuatorianos y rumanos en España’, xunto a Antía Pérez-Caramés, na revista Migraciónes, nº 37 (2015).