Dionisio Pereira

A Coruña, 1952. Economista. Historiador. Autor de A CNT na Galiza (1922-1936) (1994), O asociacionismo dos pescadores na Galiza de anteguerra: unha ollada de conxunto (2004), Emigrantes, exiliados e perseguidos: a comunidade portuguesa na Galiza (2013), Galegos nas guerras do Rif: paisaxe bélica e imaxinario anticolonial (1860-1927)(2016), entre outros ensaios, e de O movemento operario galego no tempo das Irmandades da Fala, en As Irmandades da Fala, Uxío- Breogán Diéguez [editor] (2016); e Nacionalismo e anarquismo na Galiza: encontros e desencontros entre liberación nacional, internacionalismo e revolución social (1840-1936), con Eliseo Fernández, en Repensar Galicia: as Irmandades da Fala, Justo G. Beramendi, Uxío-Breogán Diéguez, Carme F. Pérez-Sanjulián, M. P. García Negro e X. M. González Reboredo [editores] (2017). Premio Galiza Martir da Fundación Alexandre Bóveda en 2007. Vive e traballa en Marrocos desde hai cinco anos.