Dora María Téllez

Matagalpa, 1955. Historiadora, política e guerrilleira nicaraguana. Membro da Academia de Geografía e Historia de Nicaragua. Estudou medicina antes de unirse, con 20 anos, ao Frente Sandinista de Liberación Nacional. Coñecida como a Comandante 2 durante os anos da Revolución Sandinista. En 1979 dirixiu a toma da cidade de León. Foi vicepresidenta do Consello de Estado, ministra de Saúde e deputada. En 1995 foi unha das fundadoras do Movimiento Renovador Sandinista (MRS), do que foi presidenta entre 1998 e 2007. En 2008 estivo doce días en folga de fame en protesta pola decisión do goberno de ilegalizar o MRS.