Emilio Grandío

A Coruña, 1967. Doutor en Historia Contemporánea. Profesor titular do Departamento de Historia da USC, na área de Historia Contemporánea. Autor, entre outros, dos ensaios Los orígenes de la derecha gallega: la C.E.D.A. en Galicia: (1931-1936) (Ediciós do Castro, 1998); Años de guerra: A Coruña, 1936-1939 (Vía Láctea, 2000); Vixilancia e represión na Galicia da guerra civil: o informe Brandariz (Ediciós do Castro, 2001); e A Segunda República en Galicia: memoria, mito e historia (Nigra Trea, 2010). Entre as súas últimas publicacións están “Nación y socialdemocracia en Galicia: PSG-PSdG”, en Pasado y Memoria, nº17 (2018) e “Sobre la transición democrática y el siglo XXI: nuevos caminos, nuevas fórmulas”, en Studia historica, nº 35 (2017). Formou parte da comisión de expertos que emitiu o informe ao Parlamento de Galiza sobre as posibilidades de incorporar ao patrimonio público a propiedade das Torres de Meirás, e foi o co-autor do Informe Xurídico-Histórico encargado pola Xunta Pro Devolución do Pazo de Meirás e presentado á Deputación da Coruña.