Giuseppe Micciarelli

Activista e investigador de filosofía política e do dereito. Ocúpase no estudo dos bens comúns en Italia e en particular en Nápoles. Doutor en Dereito Público, Teoría das Institucións Nacionais e Europeas e Filosofía político-xurídica. Investigador na Università degli studi di Salerno (Unisa). Fai parte do consello editorial da revista Soft Power, diario euroamericano de estudos históricos e teóricos da política. Na seguinte ligazón pódense consultar algunhas das súas publicacións: https://unisa-it.academia.edu/giuseppemicciarelli.