Houria Bouteldja

Constantina (Alxeria), 1973. Portavoz do PIR (Partido dos Indíxenas da República), movemento político que xorde en Francia en 2005 e convértese nun partido político que se declara antirracista e decolonial. O movemento naceu en xaneiro de 2005 cun manifesto no que se reclamaban”os indíxenas da República”. O Imperio francés utilizaba o termo indíxenas para referirse aos habitantes das colonias en todo o mundo. Bouteldja é filla de país alxerianos pero criouse en Francia. O ano pasado presentou o ensaio Los blancos, los judíos y nosotros, hacia una política del amor revolucionario, publicado por Akal. O mes pasado estivo uns días na Coruña promocionando a obra e divulgando as actividades do PRI.