Iolanda Teixeiro Rei

Nada en Ferrol, é licenciada en Pedagoxía Social pola Universidade de Santiago de Compostela e compaxina o seu traballo como profesora de taichí e chi kung co de articulista para diversos xornais de tiraxe dixital e en papel. Ademais, foi unha das promotoras da Rede para o Decrecemento Eo-Navia/Galiza/O Bierzo e é secretaria nacional da organización política LiGanDo. Participou no libro colectivo Setenta ideas para a (pos)pandemia (2020).