José Luis Rodríguez

Guntín (Lugo), 1947. Doutor en Filoloxía Románica cunha tese sobre o trovador medieval galego portugues Xohan Arias e catedrático de Filoloxía galego-portuguesa. Impartiu aulas na área de galego-portugués e español na Facultade de Filoloxía da USC. Traballou nos campos da época medieval galego-portuguesa, tanto lingua como literatura, na relación entre a Galiza coa lusofonía e na ligazón lingüístico galego-portuguesa. Coordinou ambos volumes de Estudos dedicados a Ricardo Carvalho Calero, editados pola Universidade e polo Parlamento de Galicia.