
Ourense, 1966. Profesor titular de Historia Contemporánea na Universidade de Vigo. Entre os seus últimos ensaios e monografías están O exilio interior: Nacionalismo e responsabilidades políticas, en Exilios, migracións e fronteiras coord. por Uxío-Breogán Diéguez (2019); Violencia y dictadura franquista, 1936-1976(2018); «Todos se consideran con derecho a requisar…» requisiciones e incautaciones de bienes en Galicia durante la Guerra Civil (2018); A represión económica en Galicia: algúns apuntamentos, en Os nomes do terror: Galiza 1936, os verdugos que nunca existiron, Xosé Ramón Ermida e outros, coord. (2017); Marcharon con todo. La represión económica en Galicia durante el primer franquismo (2015); e No solo represión. La construcción del franquismo en Galicia (2014). Tamén coordinou o volume Galicia en transición(2019).