
1969, Madrid. Profesora titular de socioloxía no Departamento de Socioloxía e Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña. Desde 1995 impartindo docencia na UDC. Coordinadora do ESOMI (Equipo de Sociología de la Migraciones Internacionales). Coordinadora do proxecto Movilidades Cruzadas, patrocinado polo Ministerio de Economía, que investiga a emigración española a países europeos e noutras áreas de mundo. Entre as súas publicacións máis recentes están Gender Mobility Strategies, Labour Market in a Context of Economic Crises in Galicia (con Raquel Martínez Buján) para a obra colectiva Galician Migrations: A Case Study of Emerging Super-diversity, coordinada por Renée DePalma e Antía Pérez-Caramés (2018); Interrogating Intersectionalities, Gendering Mobilities, Racializing Transnationalism, coordinada xunto a Ramón Grosfoguel e Anastasia Christou (2017); Migración ecuatoriana, género y desarrollo: de la aproximación economicista a la perspectiva transnacional y relacional, coordinada xunto a Alicia Torres (Flacso, 2017); e ‘¿Nuevas criadas y porteras en París?’ Revista migraciones, n.º 43, 2017.