Lidia Senra

A Pobra de Brollón, 1958. Eurodeputada, adscrita ao Grupo Confederal de la Izquierda Unitaria Europea/Izquierda Verde Nórdica. Fai parte da Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural. En 2017 foi unha das poñentes do Informe sobre as mulleres e o seu papel nas zonas rurais. Foi secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego. Participou nos foros sociais de Florencia (2002), París (2003) e Londres (2004). Foi unha das fundadoras de Anova-Irmandade Nacionalista, coa que se presentou as eleccións europeas no 2015 en coalición con Izquierda Unida.