Lupe Ces Rioboo

Ferrol, 1957. Mestra e feminista, unha das impulsoras da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza, participa en Galegas 8M e no movemento veciñal ferrolán, moi activamente, entre outras, na campaña contra a planta de Reganosa. Foi unha das dez entrevistadas por Elvira Freire para o seu ensaio Parir a liberdade: o movemento feminista en Galicia (Alvarellos, 2010), que resume a historia do feminismo galego desde a Transición. Vive no barrio de Caranza e conta que os sucesos do 10 de marzo de 1972 marcárona “profundamente”; acaba de cumprir os 14 anos.