
A Coruña, 1975. Doutora en Socioloxía e profesora na Facultade de Socioloxía da UDC e membro do ESOMI (Equipo de Socioloxía das Migracións Internacionais). Presentou a súa tese no 2014, baixo a dirección de Antonio Izquierdo, co título Los nuevos españoles a través de la Ley de la Memoria Histórica en Cuba y Argentina. ¿Oportunidad o identidad?. Actualmente participa no Proxecto INCASI, do Programa Horizon 2020 financiado pola Comisión Europea sobre desigualdades sociales en Europa e América Latina, e no proxecto Género, movilidades cruzadas y dinámicas transnacionales, financiado polo Ministerio de Economía y Competitividad. Entre as súas últimas publicacións están: “The Grandchildren of Galicia: Lived and Imagined Citizenship” en Depalma e Pérez Caramés: Beyond Global Cities: A case study of emerging superdiversity (Springer, 2017); Los herederos de la ciudadanía (Icaria, 2016); “Inmigración e crise en Galicia”, en Recalde e Silva: Ser inmigrante en tempos de crise. Unha ollada multidisciplinar (USC, 2014) e Mareas de pluralismo. Minorías religiosas en Galicia (Icaria, 2014), xunto a Antonio Izquierdo.