Néstor Rego

O Vicedo, 1962. Docente no ensino medio, secretario xeral da UPG, concelleiro en Compostela entre 1995 e 2008, fundador nos tempos de estudante dos CAF, é deputado polo BNG no Congreso. Negociou o acordo de investidura de Pedro Sánchez e trata acotío co resto de forzas soberanistas das nacións do Estado que nesta lexislatura, tan accidentada como as anteriores aínda que por razóns distintas, veñen dando mostras dunha coordinación de maior calado.