Pablo Castaño

Padrón, 1976. Titulado superior en saxofón polo Conservatorio de Santiago de Compostela e diplomado en Educación Musical pola USC. No 2007 obtivo o BFA en Jazz Performance na New School University de Nova Iorque e residiu como músico freelance nesa mesma cidade. Xa de volta no país, lidera o seu propio septeto e trío, ademais de participar en numerosos proxectos musicais. Tamén exerce a docencia no Conservatorio de Grado Medio de Ribeira e na Escola Estudio, en Santiago.