Perfecto Conde

Xinzo (A Pontenova, Lugo), 1943. Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e Xornalismo na Escola de Xornalismo en Madrid. Coordinador da Gran Enciclopedia Gallega que empezou a publicarse en 1974. Traballou para TVE, a BBC, a Televisión Française 1, a Radiofuçao Portuguesa e nos semanarios Triunfo, Cambio 16 e Tiempo, entre outros. Foi o primeiro correspondente de El País en Galiza até 1982 e, posteriormente, xefe de investigación e redactor xefe en Interviú. Nos últimos anos da súa carreira profesional traballou tamén en A Nosa Terra.