Ricard de Vargas

Barcelona, 1950. Libertario. Militante do MIL (Movimiento Ibérico de Liberación) e da OLLA (Organizació de Lluita Armada), en realidade a denominación que a Policía ideou para definir a rede de grupos autónomos anarquistas que operaban en Catalunya entre os setenta e principios dos oitenta. Autor, entre outros, de ensaios en obras colectivas como Anarquismo y Liberación Nacional (1986) e La Primera Guerra Mundial. El enfrentamiento de las potencias imperialistas (1989). Na Rede pódese consultar o seu artigo Salvador Puig-Antich, treinta y dos años después (2006).