Ricardo García Mira

Laxe, 1956. Doutor en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Profesor Titular de Psicoloxía Social e Ambiental na Universidade da Coruña desde 1995. Coordino o Grupo de Investigación Persona-Ambiente, e dirxe o Consorcio Europeo de Investigación GLAMURS sobre estilos de vida sosteíbel e economía verde. Presidente de IAPS (International Association for People-Environment Studies). Entre as súas últimas publicacións están Urban sustainability: innovative spaces, vulnerabilities and opportunities (Deputación da Coruña, 2014), xunto a Adina Dimitru; Sostenibilidad, valores y cultura ambiental (Pirámide, 2009) coordinado xunto a Pedro Vega-Marcote; e Psicología social y problemas sociales (Bliblioteca Nueva, 2005), con José Romay Martínez e José Eulogio Real.