Suso de Toro

Santiago de Compostela, 1956. Licenciado en Arte Moderna e Contemporánea. Escritor, articulista e docente. En 1986 recibe o premio da Crítica de Galiza polo libro de relatos Polaroid. En 1988 publica a novela Land Rover, que tivo sete edicións e foi traducida e editada en castelán, francés e italiano. Con Tic, tac, obtén o premio da Crítica Española e o premio Arzobispo San Clemente en 1993. Despois seguirán, entre outras novelas, A sombra cazadora (1994); Calzados Lola (1997), premio Blanco Amor; Non volvas (2000), premio da Crítica de Narrativa en galego; Trece badaladas (2002), premio Nacional de Narrativa no 2003. Como ensaísta publicou, entre outros, Nunca máis Galiza á intemperie (2002); Madera de Zapatero(2005) e La lliçó catalana(2017). Como articulista, mantivo colaboracións con medios como La Voz de Galicia e El País, e continúa escribindo eventualmente en La Vanguardia e outros xornais cataláns, ademais de no dixital eldiario.es. En Galiza é habitual en Sermos Galiza.