
1946, Galiza. Profesor emérito na Facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía da Universidade Complutense. Doutor en Ciencias Políticas e Socioloxía, comezou a súa labor docente na mesma facultade en 1974. Experto en participación cidadá, foi director metodolóxico dos orzamentos participativos no municipio de Sevilla entre 2003 e 2007. Até 2010, estivo tamén nos equipos técnicos de procesos participativos en Málaga, Madrid, El Puche (Almería), Lanzarote e Cuenca (Ecuador), entre outros. Foi un dos encargados de elaborar o programa electoral da candidatura Ahora Madrid que encabezou Manuela Carmena nas municipais de 2015. É consultor en materia de participación en varios concellos de todo o Estado. É autor, entre outros, dos volumes Las democracias participativas. De la participación ciudadana a las alternativas de sociedad (HOAC, 1995); La Investigación Social Participada. Construyendo Ciudadanía 1 (2000, El Viejo Topo), xunto a J. Martí e Manuel Montañés; Prácticas Locales de Creatividad Social. Construyendo Ciudadanía 2 (2001, El Viejo Topo), con Manuel Montañés e Pedro Martín; Metodologías y Presupuestos Participativos. Construyendo Ciudadanía 3 (2003, Iepala), xunto a Francisco Garrido; Desbordes creativos. Estilos y estrategias para la transformación social (2006, La Catarata); La democracia en marcha, Kerala. Los retos de la planificación y las democracias participativas (2014, El Viejo Topo), con Rosa Pinto; e Redes de vida desbordantes (2014, La Catarata), sobre o movemento dos indignados e as protestas no mundo. O seu último libro é Democracias Transformadoras. Experiencias emergentes y alternativas desde los comunes (2017, El Viejo Topo). É membro do comité científico de revistas como Espiral, en México; ou Sinergia Regional, en Chile. Está xubilado, vive nun pobo de 1.500 habitantes na Comunidade de Madrid.