Xoán Costa

Oroso, 1956. Escritor e presidente do consello de administración de Sermos Galiza, a comisión promotora de Sermos O Diario Galego. Leva varios meses percorrendo o país para explicarlle ás galegas o novo proxecto do semanario Sermos Galiza, apoiado por douscentos profesionais da cultura ou a docencia: un xornal diario en galego e en papel para 2019. Un proxecto ambicioso que precisa de 3.000 asinantes, antes do 31 de xullo, para que “a realidade máis próxima poda ser escrita coas nosas verbas e observada dende a nosa ollada”.