[Testemuño dunha paciente que foi sometida a unha contención mecánica. Cuarta xornada de protesta organizada polo Movemento Galego de Saúde Mental na Coruña para chamar a atención sobre prácticas hospitalarias no complexo de Oza.]
A Coruña | 1 de xaneiro. Cheguei a un hospital galego por encontrarme soa na rúa, de noite, presa dunha psicose terrorífica que me fixo autolesionarme para rematar con ese sufrimento insoportable. Pasei a noite nese hospital e. Ao día seguinte, tiñan que trasladarme a Oza.
Eu non comprendía nada da realidade , xa que para min todo era terror. Dixéronme que me ían levar a outro hospital.
Nese momento estaba soa afectivamente, rodeada de persoas descoñecidas que me daban medo. Alí non había ninguén da miña familia para darme seguridade e acompañarme nese traslado, así que, como non me fiaba de que non fose unha manipulación para asasinarme, negueime a ir a ningún sitio.
O que sucedeu a continuación foi que catro persoas se achegaron a min, para suxeitarme os brazos. Entrei en pánico, revolvinme e viñeron máis persoas para suxeitarme as pernas. Movín as pernas, sempre en pánico, e un dos enfermeiros me fixo unha torcedura no nocello. Berrei coa dor, xa me tiñan suxeita e me levaron así por un corredor, a outro cuarto, onde seguiron suxeitándome para pincharme algo que me deixou inconsciente.
Despertei no hospital de Oza, suxeita a unha cama. Abrín os ollos e só vin branco ao meu arredor, non sabía onde estaba nin que sucedera, nin canto tempo levaba así. Intentei moverme pero estaba suxeita pola cintura, cunha correa. Chorei completamente angustiada e aterrorizada. Chegou unha enfermeira e díxome “se te portas ben, desátote”.
Abrín os ollos e só vin branco ao meu arredor, non sabía onde estaba nin que sucedera, nin canto tempo levaba así.
Eu, claro, díxenlle que me ía portar ben, cando en realidade non tiña ningunha conciencia de terme portado mal, só de ter moitísimo medo de que me fixesen mal aquelas persoas descoñecidas. E seguía tendo medo, seguía sen estar con ninguén coñecido, nin estar segura de onde estaba realmente, nin do que me podían chegar a facer. Cando ves que o único trato que che dan é atarte, tes medo de todos eles.
O medo acumulado de toda esa experiencia durou moito tempo, tanto, que foi como se o esquecera para sobrevivir, e só conseguín poñerlle palabras tres anos despois. Iso chámase trauma e foi unha dor emocional moi forte, causada pola psicose, pero sobre todo por aquel trato indigno. Cando morres de medo, e as persoas que teñen que coidarte só te provocan máis medo, entendes o que é a violencia institucional.
As contencións mecánicas teñen que converterse en pasado, porque nin pacientes nin profesionais merecemos a brutalidade da contención mecánica.
Frío e vulnerabilidade en Conxo
Mañá sol e bo tempo? Contexto e axendas da saúde mental
Pacientes contra a lóxica da contención mecánica
O aparato de propaganda dos xigantes eólicos sae a escena
Ecoloxistas exixen en Ourense moratoria para frear as macrogranxas
A fonte-símbolo: o Xurés non quere eólicos
Ecoloxistas exixen en Ourense moratoria para frear as macrogranxas
A fonte-símbolo: o Xurés non quere eólicos