CONVOCATORIA

Que farías ti se te atan?

O Movemento Galego da Saúde Mental saca á rúa a contención mecánica para denunciar a violación de dereitos fundamentais das persoas con estas prácticas hospitalarias.

Compartilhar no facebook
Facebook
Compartilhar no twitter
Twitter
Compartilhar no google
Google+
Compartilhar no whatsapp
WhatsApp
Compartilhar no telegram
Telegram
Compartilhar no email
Email
Compartilhar no facebook
Compartilhar no twitter
Compartilhar no google
Compartilhar no whatsapp
Compartilhar no telegram
Compartilhar no email

Redacción adiante | A Coruña, 7 de decembro.  O Movemento Galego da Saúde Mental convoca mañá sábado unha acción de denuncia no Obelisco da Coruña. Será ás 13:00 horas e as veciñas e veciños deben acudir avisadas. Unha contención mecánica, aínda que sexa un simulacro, resulta incómoda para o espectador. A contención mecánica consiste en atar unha persoa a unha cama con cintos, amarrándoa pola cintura, polos pulsos e os nocellos para impedir que se mova libremente.

Que farías ti se te atan? “A día de hoxe, se nalgún momento tivera a serenidade e claridade mental mínima, trataría de documentar de todas as formas posibles. É difícil pero non imposible acceder a un móbil aí dentro. Pediría testemuños ás compañeiras ingresadas, tomaría nota dos nomes do persoal implicado… Obviamente, isto é unha fantasía. Se estivera en pleno ingreso psiquiátrico, coa temática delirante que estaría experimentando todo sería demasiado paranoico para actuar coa frialdade precisa. Estaría tan aterrado que tentaría escapar ao ingreso pensando que me queren asasinar. Mesmo é posible que coa policía na porta, preferira saltar por unha fiestra. Se me atraparan, buscaría un momento de descoido para fuxir. Seguramente esas bestas coidadoras non se despisten polo que o meu terror a ser executado, torturado ou quen sabe que delirio, iría en aumento ate que me drogaran. Despois, tras unhas semanas, daríanme a alta sen ter arranxado nada nin recibir ningún apoio ou solución. Así é como se fai. Con moita sorte e quizais apoio dalgún grupo, tería algo de enerxía e conciencia para tentar recoller probas e facer unha denuncia de difícil resolución favorábel”, di Miguel Bustión, implicado no activismo en saúde mental.

A contención mecánica está prohibida en países como Islandia, ou limitada noutros como Holanda ou Reino Unido. En Alemaña, Finlandia ou Suecia, as autoridades sanitarias traballan en programas para reducir a práctica a partir de avaliacións… en Galiza nin sequera existen rexistros estatísticos para valorar as dimensións do problema. Desde o Movemento Galego da Saúde Mental, “a percepción é de incremento moi preocupante”, explica Paula Espiñeira, activista coruñesa e unha das voces de Radio Prometea (CUAC FM).

“Esta práctica, aplicada a persoas atendidas nas institución psiquiátricas, é considerada unha vulneración da Convención dos Dereitos das Persoas con Discapacidade. A súa existencia é un sigo de grave atraso asistencial na atención a persoas con trastornos psíquicos”, subliña o manifesto que acompaña á convocatoria de mañá.

Diversas asociacións sumáronse desde o verán á campaña #0contencións, impulsada desde o Colectivo Locomún que advirte que a presión desde a sociedade civil e colectivos profesionais e de persoas psiquiatrizadas, así como dos medios de comunicación é necesaria para eliminar a práctica das contencións. “En realidade, non hai unha campaña coordinada, esa idea lanzouse e diferentes asociacións e colectivos vanse sumando”, indica Espiñeira, “aquí en Galiza é o Movemento de Saúde Mental o que organiza as accións, e despois desta, haberá máis. O labor de sensibilización é necesario para que se abra un debate serio. Que empecen a coñecerse os datos”.

Este sábado, na Coruña, os activistas volverán lembrar unha das recomendacións da ONU sobre políticas de saúde mental: “que se aborden os desequilibrios de poder en lugar dos desequilibrios químicos”.