
“É difícil lexitimar o propio malestar”
Maier Irigoien, unha das autoras de Zauria(k) [Ferida(s)], un documental sobre a saúde mental desde unha ollada crítica feminista que se estrea este sábado na Galiza con pases en Compostela [11.00, CSO Escárnio e Maldizer] e na Coruña [20.00, A Comuna].

Arte e loucura: prácticas de resistencia fronte a unha sociedade enferma
Nos últimos anos vense desenvolvendo un movemento activista formado por persoas con diagnóstico psiquiátrico e experiencias de sufrimento psíquico. Teñen referentes a nivel internacional e conectan cós movementos de "vida independente" na diversidade funcional pero tamén cós feminismos ou o movemento LGTB+. O 20 de maio celebran en todo o estado español o Día do Orgullo Tolo e moitas consideran que a expresión artística é unha vía de expresión, empatía radical e ferramenta para a crítica, a denuncia e a inclusión social. Na Coruña, unha exposición inspirada en Samuel Beckett, permitirá reflexionar sobre todo este movemento.


