Contra o cárcere dentro do cárcere
Esculca pide acabar co réxime de confinamento solitario nas prisións do Estado español.
Redacción adiante | A Coruña | 11 de xaneiro de 2021. “A detención incomunicada e o réxime de isolamento penal crean condicións que facilitan a práctica e impunidade da tortura, dotando de sistematicidade á práctica da tortura, e constitúen por si mesmos un trato inhumano e degradante. Por iso, estes mecanismos excepcionais deberán ser inmediatamente suprimidos, así como aquelas lexislacións e tribunais que os utilizan e amparan, como a Audiencia Nacional, recuperándose a figura do xuíz natural. Así mesmo, deberían suspenderse e arquivarse todos os procedementos penais sustentados en inculpacións ou autoinculpacións arrincadas baixo tortura ás persoas detidas”, din no seu punto 4º as Recomendacións de Sevilla, un documento acordado pola Coordinadora para la Prevención y Denuncia de la Tortura (CPDT) no 2010 e que asinou Esculca, o Observatorio para a defensa dos Dereitos e Liberdades.
Dez anos e varios relatorios da CPDT e do Mecanismo estatal de prevención da tortura (MNPT), Esculca reivindicou este luns a a abolición do isolamento nas prisións no Estado español.
Esculca participa dunha campaña estatal promovida por asociacións de dereitos humanos que denuncian que “o réxime de confinamento solitario é aplicado de maneira costumeira contra a lexislación que o regula, e sempre vulnerando os dereitos das persoas sobre as que se aplica segundo están recollidos nos tratados internacionais”, segundo recolle un manifesto titulado O cárcere dentro do cárcere, feito público na Galiza a mediados de decembro.
O réxime de isolamento supón, entre outras cuestións que subliña Esculca, a limitación das saídas ao patio (entre 2 e 4 horas ao día, ou até 6 horas na Catalunya, que ten competencia en materia de execución penitenciaria), a limitación dos contactos con outras persoas presas, a limitación dos obxectos permitidos na cela, comidas en solitario, e restrición das comunicacións con persoas do exterior (limitación a dúas cartas semanais).
Diversos estudos alertan das consecuencias para a saúde dos castigos con confinamento solitario. En 2019, un relatorio elaborado nos Estados Unidos de América alertou sobre os efectos do isolamento penal sobre o sistema cardiovascular, cunha prevalencia de hipertensión do 31% máis alta entre as persoas presas en réxime de isolamento. Dous anos antes, tamén nos EUA, outro estudo observou que o confinamento producía síntomas clinicamente significativos de depresión, ansiedade ou culpa na metade da mostra de investigación. Os datos mostraron taxas desproporcionadamente altas de enfermidades mentais graves e de comportamentos autodestrctivos en comparación co resto da poboación reclusa.
“A falta de contacto humano e de actividade tradúcense nun prexuízo serio para a saúde física e mental de quen a sofre (…) Aliás, trátase de espazos onde en moitos casos se favorece a práctica de abusos por parte de funcionarios”, denuncia o manifesto que presenta Esculca.
As queixas e denuncias sobre abusos do confinamento solitario nas prisións son “constantes”, e non só de parte da Coordinadora estatal de prevención da tortura (os últimos relatorios referidos aos anos 2015 e 2017), “mesmo as Nacións Unidas e o Goberno do Estado a través do Defensor del Pueblo deixan constancia da existencia destes abusos”, afirma Esculca nun comunicado este luns.
“O denominado primeiro grao, tamén coñecido como isolamento prisional -o cárcere dentro do cárcere-, é o que representa maior dureza e severidade”, explicaba a finais de ano a Asociación Pro Derechos Humanos de Andalucía. E engadía: “o Tribunal Constitucional cualificouno como unha grave restrición da xa restrinxida liberdade inherente ao cumprimento da pena (STC 74/1985), aínda que, apesar da gravidade desta medida e das ocasións en que se pronunciou a respecto diso, considera que non afecta ao dereito fundamental á liberdade”.
Nas prisións do Estado hai 1.702 (datos de 2019) persoas presas e presos en réxime de primeiro grado. Mais non hai datos públicos oficiais sobre as prácticas de isolamento ou confinamento solitario que poden afectar ao conxunto da poboación dos cárceres.
Di Esculca que, malia as recomendacións internacionais, os relatores que visitaron diferentes centros carcerarios no Estado español, entre eles dous na Galiza, para elaborar o último informe (2019) do MNPT observaron: “Durante as visitas efectuadas, seguiuse a constatar que o emprego de medios coercitivos é profuso. Efectivamente, o isolamento provisional, a forza física e as suxeicións mecánicas son bastante frecuentes na maioría dos centros”.
O manifesto que agora difunde Esculca alerta sobre castigos con confinamento solitario regulados “en instrucións, circulares e ordes de servizo”, e a entidade explica que hai prohibición expresa de que non duren máis de 14 días, mais ese límite “é incumprido de maneira arbitraria nos cárceres a pesar das constantes recomendacións e denuncias de organismos estatais e internacionais”.
#cárceres
Camiño á desaparición das cadeas?
A urxencia de sacar á xente dos cárceres
Dous casos.
Nove mese até a morte
«El 11 de abril de 2015, R. E.F., mujer de 38 años de edad, apareció ahorcada en la celda del departamento de Régimen Cerrado (DERT) que ocupaba en la prisión de Brians I (Barcelona). En la carta que dejó, dirigida al Juez de Vigilancia Penitenciaria denunció haber sido agredida tres días antes, el 8 de abril, por funcionarias de la prisión catalana: “Me dirijo a usted con los máximos respetos por los hechos sucedidos en el Departamento Especial de Régimen Cerrado el 08/04/15. Yo, R. E. F., me encuentro pasando un artículo 94.1, actualmente en fase 2… Este departamento está siendo mucho llevar para mí… El día 08/04/15 estaba muy nerviosa, golpeé la habitación y cuando estaba hablando con una chica por la ventana, sin darme cuenta entraron los funcionarios a mi celda con el escudo de plástico y me tiraron al suelo. La funcionaria 1. me aplastaba la cabeza contra el suelo y me tiraba de los cabellos, la funcionaria 2. me ponía la rodilla a las espaldas y me ataba con unas manillas, y yo sin saber a que venía tal maltrato hacia mi persona, que hoy tampoco lo sé, puesto que todavía no me han entregado tal expediente”. R. había permanecido en régimen de aislamiento de manera prolongada prácticamente durante nueve meses. Desde el 1 de octubre del 2015 hasta la fecha de su muerte, con la excepción de diecinueve días. Un total de 252 días. El relator especial del Consejo de Derechos Humanos de Naciones Unidas ha advertido que el aislamiento durante un tiempo superior a quince días tendría que ser prohibido de acuerdo con diferentes estudios científicos, que se refieren a los “efectos irreversibles”.»
[Rexistrado 11 de abril de 2015 – Barcelona – C.P. Brians | Informe sobre la tortura y los malos tratos en el Estado español en el año 2015]
3 meses, 24 horas ao día
«S.A., joven extranjero aislado en el DERT del CP de Quatre Camins, permaneció durante 3 meses las 24 horas del día en una celda de aislamiento sin salir al patio en ningún momento (lo que supone un incumpliendo las Reglas Mandela), pasando frío, porque no dejaban que su familia le introdujera ropa de abrigo. En el DERT le suministraron una medicación que le impedía casi hablar y que, según la familia, le causó graves afectaciones cognitivas y problemas de memoria, llegando incluso a desmayarse en un vis à vis con la familia. El aislamiento prolongado empeoró el estado mental de S.A., que empezó a sufrir delirios y paranoias, debiendo ser ingresado en varias ocasiones en la Unidad psiquiátrica Intra-penitenciaria de Brians I.»
[Rexistrado 13 de febrero de 2017 – C.P. Quatre Camins, La Roca del Vallés (Barcelona) | Informe sobre la tortura y los malos tratos en el Estado español en el año 2015]
MANIFESTO (ligazón)
Outras novas
Recadación de fondos para crear o Bosque da Lingua nos Montes de Couso
O aparato de propaganda dos xigantes eólicos sae a escena
Ecoloxistas exixen en Ourense moratoria para frear as macrogranxas
Outras novas
Recadación de fondos para crear o Bosque da Lingua nos Montes de Couso
O aparato de propaganda dos xigantes eólicos sae a escena
Ecoloxistas exixen en Ourense moratoria para frear as macrogranxas