Dez motivos para non chantar eólicos no Monte da Neve

Alegacións contra a central eólica que a empresa alemá Bay Wa pretende empezar a construír entre Celanova e Verea en xullo do ano 2023.

Compartilhar no facebook
Facebook
Compartilhar no twitter
Twitter
Compartilhar no google
Google+
Compartilhar no whatsapp
WhatsApp
Compartilhar no telegram
Telegram
Compartilhar no email
Email
Compartilhar no facebook
Compartilhar no twitter
Compartilhar no google
Compartilhar no whatsapp
Compartilhar no telegram
Compartilhar no email

Redacció adiante | Celanova | 23 de xaneiro de 2022. Unha empresa alemá, de nome Bay Wa, con sede en Munic e especializada no negocio da enerxía fotovoltaica, pretende instalar a uns catro quilómetros de Celanova, nunha chaira sobre o Monte da Neve, un lugar rico en augas e tamén en patrimonio, que conserva os lugares primitivos da fundación da vila, unha central eólica de sete aeroxeradores de 180 metros de altura. A práctica habitual de Bay Wa no sector eólico era até hoxe promover e vender. Non se sabe cales son os seus plans a futuro para este proxecto entre Celanova e Verea, mais a contestación veciñal, liderada pola plataforma STOP EÓLICOS XURÉS CELANOVA -que alegou, entre outros contra o P.E. San Martiño, a só 600 metros do Parque Natural do Xurés, e a súa liña de evacuación que desde principios de ano ten levantada á veciñanza de Baltar (Ourense)-, xe fixo que o documento de inicio (presentado en febreiro de 2021) quedase invalidado. A empresa viuse obrigada a mudar as localizacións dos aeroxeradores intentando minimizar os danos á paisaxe e ao patrimonio da vila. Mais o novo proxecto, en exposición pública até o martes 25 de xaneiro, presenta enormes eivas en canto a afección á saúde das persoas, ás augas e, tamén, ao patrimonio.

 
Este domingo, a plataforma presentou as súas alegacións que recollen 10 razóns para que o polígono eólico alemán non se constrúa. Son estas:
 
𝐌𝐎𝐓𝐈𝐕𝐎 𝟏
 
𝐸𝑠𝑡𝑎𝑠𝑒 𝑎 𝑝𝑟𝑜𝑑𝑢𝑐𝑖𝑟 𝑢𝑛𝘩𝑎 𝑓𝑟𝑎𝑔𝑚𝑒𝑛𝑡𝑎𝑐𝑖𝑜́𝑛 𝑎𝑟𝑡𝑖𝑓𝑖𝑐𝑖𝑜𝑠𝑎 𝑞𝑢𝑒 𝑡𝑒𝑛 𝑝𝑜𝑟 𝑓𝑖𝑛𝑎𝑙𝑖𝑑𝑎𝑑𝑒 𝑚𝑒𝑛𝑜𝑠𝑐𝑎𝑏𝑎𝑟 𝑎𝑠 𝑔𝑎𝑟𝑎𝑛𝑡𝑖́𝑎𝑠 𝑖𝑛𝘩𝑒𝑟𝑒𝑛𝑡𝑒𝑠 𝑎𝑜𝑠 𝑝𝑟𝑜𝑐𝑒𝑑𝑒𝑚𝑒𝑛𝑡𝑜𝑠 𝑑𝑒 𝑎𝑣𝑎𝑙𝑖𝑎𝑐𝑖𝑜́𝑛, 𝑝𝑜𝑙𝑎 𝑣𝑖́𝑎 𝑑𝑒 𝑖𝑚𝑝𝑒𝑑𝑖𝑟 𝑎 𝑎𝑣𝑎𝑙𝑖𝑎𝑐𝑖𝑜́𝑛 𝑎𝑚𝑏𝑖𝑒𝑛𝑡𝑎𝑙 𝑑𝑒 𝑐𝑜𝑛𝑥𝑢𝑛𝑡𝑜 𝑑𝑜𝑠 𝑝𝑟𝑜𝑥𝑒𝑐𝑡𝑜𝑠.
 
No que atinxe á proxectada central eólica P.E. Monte da Neve, só se somete a exposición pública a central e parte da súa liña de evacuación. Non se somete a avaliación ambiental conxunta o polígono e a totalidade das súas infraestruturas de evacuación.
 
O EIA só ten en conta a liña entre a subestación colectora 220/30 kV P.E. Monte da Neve, e o enlace a un dos apoios da liña de alta tensión LAT 220 kV SET Fonsanta (BANDE)/SET Frieira. Mais o proxecto de execución fai mención a unha liña de evacuación que comenzará nas centrais Lamas de Feás e Lamas II, unindo as catro centrais, e implantando unha infraestrutura para novos desenvolvementos eólicos a oeste e a leste dese tendido de máis de corenta quilómetros. A avaliación dos impactos ambientais é fraudulenta porque agocha a totalidade do proxecto. Estase a vulnerar a Lei 21/2013, de 9 de decembro, de avaliación ambiental e a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico. Tamén se está a vulnerar normativa internacional do alcance do Convenio de Aarhus.
 
𝐌𝐎𝐓𝐈𝐕𝐎 𝟐
 
𝐴 𝑓𝑎𝑙𝑡𝑎 𝑑𝑒 𝑎𝑣𝑎𝑙𝑖𝑎𝑐𝑖𝑜́𝑛 𝑎𝑚𝑏𝑖𝑒𝑛𝑡𝑎𝑙 𝑒𝑠𝑡𝑟𝑎𝑡𝑒́𝑥𝑖𝑐𝑎 𝑑𝑎 𝑝𝑙𝑎𝑛𝑖𝑓𝑖𝑐𝑎𝑐𝑖𝑜́𝑛 𝑒𝑜́𝑙𝑖𝑐𝑎 𝑒𝑛 𝐺𝑎𝑙𝑖𝑧𝑎.
 
Entendemos que a falta de sometemento a unha avaliación ambiental estratéxica de todo o conxunto do desenvolvemento eólico galego, senón tamén os que se derivan das normas do dereito da Unión Europea: directivas 2011/92/UE, 2003/35/CE, 2001/42/CE. Esta escandalosa falta de avaliación ambiental estratéxica da planificación eólica en Galiza, pola súa parte, deriva “nunha incidencia negativa no funcionamento do sistema” e en “inseguridade xurídica”. E o propio Consello da Cultura Galega fundamenta a súa petición de moratoria na necesidade de revisar o plan.
 
𝐌𝐎𝐓𝐈𝐕𝐎 𝟑
 
𝑂 𝑐𝑎𝑟𝑎́𝑐𝑡𝑒𝑟 𝑒𝑠𝑡𝑟𝑖𝑡𝑎𝑚𝑒𝑛𝑡𝑒 𝑚𝑒𝑟𝑐𝑎𝑛𝑡𝑖𝑙 𝑒 𝑎 𝑐𝑜𝑛𝑠𝑒𝑔𝑢𝑖𝑛𝑡𝑒 𝑎𝑢𝑠𝑒𝑛𝑐𝑖𝑎 𝑑𝑒 𝑢𝑡𝑖𝑙𝑖𝑑𝑎𝑑𝑒 𝑝𝑢́𝑏𝑙𝑖𝑐𝑎 𝑑𝑜 𝑝𝑟𝑜𝑥𝑒𝑐𝑡𝑜.
 
O proxecto P.E. Monte da Neve fai parte dun plan industrial de grandes dimensións, orientado unicamente ao reforzo do sistema oligopolístico de xeración de enerxía. O proxecto non se basea nunha planificación orientada ao aumento da eficiencia enerxética e ao aforro no seu consumo, nin tampouco ao fomento do autoconsumo e produción en proximidade.
 
Non cabe, xa que logo, considerar que o proxecto é unha contribución positiva para a loita contra o cambio climático. Non só non se xustifica a necesidade social da instalación do P.E. Monte da Neve, ademais está a difundirse un discurso sobre a enerxía “verde” cheo de afirmacións falsas. A enerxía do vento non é infinita, malia que iso sostén a empresa promotora. Os impactos socioeconómicos —como subliña o recente informe do Consello da Cultura Galega— deben medirse a través de diferentes parámetros, e as transferencias monetarias son apenas un deles. E ademais é falso que un polígono eólico cree postos de traballo estábeis.
 
𝐌𝐎𝐓𝐈𝐕𝐎 𝟒
 
𝑂 𝑒𝑛𝑔𝑎𝑛𝑜 𝑎 𝑡𝑟𝑎𝑣𝑒́𝑠 𝑑𝑎 𝑐𝑜𝑚𝑝𝑙𝑒𝑥𝑖𝑑𝑎𝑑𝑒 𝑡𝑒́𝑐𝑛𝑖𝑐𝑜-𝑥𝑢𝑟𝑖́𝑑𝑖𝑐𝑎 𝑑𝑜𝑠 𝑑𝑜𝑐𝑢𝑚𝑒𝑛𝑡𝑜𝑠, 𝑒 𝑎 𝑣𝑢𝑙𝑛𝑒𝑟𝑎𝑐𝑖𝑜́𝑛 𝑑𝑜𝑠 𝑑𝑒𝑟𝑒𝑖𝑡𝑜𝑠 𝑑𝑒 𝑝𝑎𝑟𝑡𝑖𝑐𝑖𝑝𝑎𝑐𝑖𝑜́𝑛 𝑛𝑜 𝑝𝑟𝑜𝑐𝑒𝑑𝑒𝑚𝑒𝑛𝑡𝑜.
 
A cidadanía galega estase a topar coas dificultades inherentes a poder evacuar unas alegacións robustas fronte a un proxecto tecnicamente moi complexo e voluminoso nun prazo de tempo curto. O proceso de implantación destas enerxías limpas, xa que logo, semella consistir nunha dinámica na cal quen pretende implantar o proxecto dispón dunha lexislación feita á súa medida, ademais de plenitude de medios técnicos e económicos, e fronte esa parte, a contraparte nin dispón de medios económicos, nin dispón de coñecementos, nin dispón de normativa que ampare a súa posición.
Por riba, no caso concreto do P.E.Monte da Neve, hai indefensión polo uso dun idioma non oficial na Galiza. A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA, a través da ‘Liña do galego’, formalizou unha queixa o día 14 de decembro de 2021 diante da Valedora do Pobo polo uso dunha lingua NON oficial nun documento a exposición pública. Tamén deu curso da mesma queixa á Secretaría Xeral de Política Lingüística e á Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación. A plataforma tamén se dirixiu a mesma consellería o día 27 de decembro de 2021, sen ter recibido resposta na data na que se asina o presente documento de alegación.
 
𝐌𝐎𝐓𝐈𝐕𝐎 𝟓
 
𝐴𝑓𝑒𝑐𝑐𝑖𝑜́𝑛 𝑠𝑒𝑣𝑒𝑟𝑎 𝑒 𝑝𝑟𝑒𝑥𝑢𝑖́𝑧𝑜𝑠 𝑖𝑟𝑟𝑒𝑝𝑎𝑟𝑎́𝑏𝑒𝑖𝑠 𝑝𝑎𝑟𝑎 𝑎 𝑝𝑎𝑖𝑠𝑎𝑥𝑒.
 
No proxecto di: “los aerogeneradores y apoyos de la LAT no supondrán una alteración significativa en un paisaje en el que estos elementos ya forman parte del mismo desde hace años y que simbolizan un cambio social en la generación de la energía”. DEGRADAR a paisaxe aludindo a unha degradación anterior NON é aceptábel.
 
Incidir na degradación é rebaixar un dereito a un grupo de cidadáns: é incidir na súa discriminación como colectivo e como individuos. É inadmisíbel que se pretenda colocar este parque eólico a tan só 4 quilómetros de distancia e á vista do núcleo de poboación máis importante da Terra de Celanova, lugar onde se concentra case un terzo da poboación de toda a comarca. A promotora indica que “la población global situada dentro de la cuenca visual del parque eólico es reducida” (uns 30.808 habitantes). O que para a empresa é unha poboación reducida, en termos provinciais supón o 10%.
 
𝐌𝐎𝐓𝐈𝐕𝐎 𝟔
 
𝐴𝑓𝑒𝑐𝑐𝑖𝑜́𝑛𝑠 𝑠𝑒𝑣𝑒𝑟𝑎𝑠 𝑎𝑜 𝑝𝑎𝑡𝑟𝑖𝑚𝑜𝑛𝑖𝑜 𝑐𝑢𝑙𝑡𝑢𝑟𝑎𝑙 𝑒 𝑒𝑖𝑣𝑎𝑠 𝑛𝑎 𝑐𝑎𝑡𝑎𝑙𝑜𝑔𝑎𝑐𝑖𝑜́𝑛 𝑒 𝑛𝑎 𝑝𝑟𝑜𝑡𝑒𝑐𝑐𝑖𝑜́𝑛.
 
A mobilización veciñal en defensa da Casa da Neve e os lugares primitivos vinculados á fundación do Mosteiro de Celanova foi determinante para que a empresa se vise obrigada a variar en apenas un ano a localización dos aeroxeradores.
 
Os estudos parciais realizados para aquel primeiro proxecto e para este poñen de relevo a riqueza arqueolóxica da área ameazada pola instalación da central eólica é da posibilidade de que esta área conserve un tesouro arqueolóxico que inclúe elementos sen protección ou sen catalogación desde a época megalítica até a Idade Media. Agora, para o xacemento catalogado como Monte Oural, con obras proxectadas a 110 metros del, o estudo da propia empresa advirte que “se debería establecer la máxima cautela sobre este yacimiento, proponiendo un control arqueológico de todos los desbroces y movimientos de tierra que se realicen dentro de dicha delimitación extensa”. E engade: “la naturaleza de este yacimiento parece ser mucho más compleja y su delimitación actual podría ser demasiado constreñida”.
Segundo a Lei 5/2016 do patrimonio cultural de Galiza non están permitidas obras nin remocións de terras nas áreas de protección dos xacementos arqueolóxicos.
 
𝐌𝐎𝐓𝐈𝐕𝐎 𝟕
 
𝐴𝑓𝑒𝑐𝑐𝑖𝑜́𝑛𝑠 𝑠𝑒𝑣𝑒𝑟𝑎𝑠 𝑎́ 𝑣𝑒𝑥𝑒𝑡𝑎𝑐𝑖𝑜́𝑛, 𝑎𝑜𝑠 𝘩𝑎́𝑏𝑖𝑡𝑎𝑡𝑠 𝑛𝑎𝑡𝑢𝑟𝑎𝑖𝑠 𝑒 𝑎́ 𝑓𝑙𝑜𝑟𝑎, 𝑒 𝑎 𝑛𝑒𝑐𝑒𝑠𝑖𝑑𝑎𝑑𝑒 𝑑𝑒 𝑝𝑟𝑜𝑡𝑒𝑥𝑒𝑙𝑎𝑠.
 
O estudo sobre as augas é incompleto.
 
Á vista do inventario de flora realizado polas persoas encargadas deste estudo parece que en efecto as especies que se atopan neste territorio non gozan de ningunha protección especial, como tais taxons considerados separadamente. Porén, esta ausencia de protección normativa canto ás especies de flora presentes no territorio e consideradas individualmente contrasta coa protección e cautela que a lexislación ambiental e en particular a Directiva Hábitats 92/43/CEE establece para as formacións vexetais ou asociacións fitosociolóxicas consideradas por esta norma como hábitats naturais de interese comunitario.
 
Estamos a falar, particular e especialmente, de dous hábitats catalogados pola Directiva europea como: 4030 “breixeiras secas europeas” e sobre todo o 4020 “breixeiras húmidas atlánticas”, consideradas estas últimas pola Unión Europea como de interese prioritario para a conservación, pola súa rareza e excepcionalidade ao emprazarse sobre solos húmidos e mesmo higroturbosos.
 
A importancia desta zona húmida que, como podemos comprobar no documento se cita sucintamente e de pasada, foi obviada e minimizada intencionadamente para non ter que recoñecer que o impacto da obra sobre os hábitats naturais presentes si é significativo. Estamos a falar da presenza neste territorio e particularmente en toda a área que espalla entre os aeroxeradores nº 3 e 6, pasando polos nº 4 e 5, dunha lagoa temporal ou estacional en área de montaña, un hábitat natural que segundo a Directiva Hábitats 92/43/CEE pensamos que se trata do hábitat clasificado como 3160, coa denominación de “Lagos e charcas distróficos naturais”.
 
𝐌𝐎𝐓𝐈𝐕𝐎 𝟖
 
𝐼𝑚𝑝𝑎𝑐𝑡𝑜𝑠 𝑠𝑜𝑏𝑟𝑒 𝑎 𝑎𝑣𝑖𝑓𝑎𝑢𝑛𝑎.
 
No anexo nº. 2 do EIA descríbense os impactos do proxecto sobre a avifauna. En primeiro lugar, queremos subliñar que o documento sinala a necesidade de realización de estudos de seguimento de avifauna e quirópteros “por al menos 1 año”, e en cambio no Estudio unicamente se analizan datos con base en visitas á zona de 4 meses.
 
En segundo lugar, indícase presenza con base na bibliografía na contorna da zona de estudo de 12 especies de aves rapaces diúrnas e 4 especies de aves rapaces nocturnas, mentres que os resultados dos censos/transectos realizados mostran só resultados de 4 e 2 especies respectivamente. Dado que segundo o indicado previamente, non se realizaron mostraxes durante todo un ano, os resultados e conclusións indicadas son cando menos parciais e non poden considerarse válidas.
 
En terceiro lugar, anotaremos que se detectou a presenza de 2 especies de aves rapaces diúrnas cunha figura de protección de Vulnerábel segundo o Catalogo Galego de Aves Ameazadas, son a tartaraña cincenta (Circus pygargus) e a gatafornela (Circus cyaneus). A primeira delas, Circus pygargus, con categoría de Vulnerábel no Catálogo Español de Aves Ameazadas e presente no Anexo I da Directiva de Aves, presenta numerosas observacións nos censos realizados, con indicación de probábel nidificación na área de estudo de 2 parellas. Esta especie está a sufrir un descenso poboacional importante.
 
Merece especial atención o feito de que aínda estando esta especie no Catálogo Galego de Especies Ameazadas desde hai máis de 10 anos, non se estableceu, segundo indica a lexislación, un Plan de Conservación da especie. A respecto das conclusións do documento, cómpre subliñar que o informe que achega a promotora do P.E. Monte da Neve di que faltan estudos e visitas por realizar á área do proxecto. Cómpre aplicar, polo tanto, tamén nesta cuestión, o principio de precaución.
 
Adicionalmente, a área onde se pretende situar este parque eólico está considerada unha Area Prioritaria para a avifauna ameazada e Zona de protección da avifauna contra as liñas eléctricas de alta tensión, sendo as dúas especies citadas do xénero Circus, especies indicadoras deste grao de protección.
 
𝐌𝐎𝐓𝐈𝐕𝐎 𝟗
 
𝐼𝑚𝑝𝑎𝑐𝑡𝑜 𝑑𝑜 𝑟𝑢𝑖́𝑑𝑜 𝑎𝑚𝑏𝑖𝑒𝑛𝑡𝑎𝑙 𝑐𝑎𝑢𝑠𝑎𝑑𝑜 𝑝𝑜𝑟 𝑎𝑒𝑟𝑜𝑥𝑒𝑟𝑎𝑑𝑜𝑟𝑒𝑠 𝑛𝑜𝑠 𝑝𝑟𝑜𝑐𝑒𝑠𝑜𝑠 𝑐𝑜𝑔𝑛𝑖𝑡𝑖𝑣𝑜𝑠.
 
O proxecto coloca os aeroxeradores MOITO MÁIS PRETO das aldeas que o documento de inicio de febreiro pasado.
Estas son as distancias que figuran no plan da empresa:
 
• Á Cigarrosa, 603 metros – ILEGAL EN ALEMAÑA
• A Cardeo, 640 metros – ILEGAL EN ALEMAÑA
• A Albos, 743 metros – ILEGAL EN ALEMAÑA
• A Gontán, 850 metros – ILEGAL EN ALEMAÑA
 
Na Memoria do EIA, a promotora recoñece niveis de ruído nun rango de 40 a 46 dB en Fontechide (a 1.093 metros, ademais esta aldea ten aeroxeradores do P.E. do Vieiro a menos de medio quilómetro), Laioso, Gontán, Casal de Bispo, A Cigarrosa, Albos e Cardeo durante a fase de obra, e dun rango entre 35 e 40 dB na fase de explotación na Cigarrosa, Albos, Cardeo e Fontechide. O estudo sobre os impactos do ruído na saúde das persoas que vivan na contorna da central eólica apenas ocupa 16 páxinas, non se basea en medicións directas nin ten en consideración sinerxías coa outra instalación eólica que afecta á area (P.E. O Vieiro), nin fai referencia ningunha aos infrasóns.
 
O ruído ambiental, ben sexa pola presenza de aeroxeradores na contorna, como de outros posíbeis estímulos externos, produce irremediabelmente unha fatigabilidade atentiva; comporta, pois, un detrimento nas capacidades de procesamento dos suxeitos para alcanzar un nivel de concentración óptimo.
 
É necesario afondar no coñecemento de como unha das novas enerxías renovábeis, como é a enerxía eólica, pode coexistir coa poboación sen causar alteracións e/ou trastornos na saúde das persoas; quizais a chave estea na distancia…
 
𝐌𝐎𝐓𝐈𝐕𝐎 𝟏𝟎
 
𝐹𝑟𝑒𝑜 𝑎́ 𝑐𝑜𝑛𝑠𝑜𝑙𝑖𝑑𝑎𝑐𝑖𝑜́𝑛 𝑒 𝑓𝑢𝑡𝑢𝑟𝑎 𝑎𝑚𝑝𝑙𝑖𝑎𝑐𝑖𝑜́𝑛 𝑑𝑜𝑠 𝑒𝑠𝑝𝑎𝑧𝑜𝑠 𝑝𝑟𝑜𝑡𝑒𝑥𝑖𝑑𝑜𝑠. 𝐷𝑖𝑛𝑎́𝑚𝑖𝑐𝑎𝑠 𝑑𝑒 𝑑𝑒𝑡𝑒𝑟𝑖𝑜𝑟𝑜 𝑑𝑜 𝑡𝑒𝑟𝑟𝑖𝑡𝑜𝑟𝑖𝑜 𝑒 𝑝𝑒𝑟𝑑𝑎 𝑑𝑒 𝑝𝑜𝑏𝑜𝑎𝑐𝑖𝑜́𝑛.
 
A Unión Europea solicita dilixencia ao Estado español para a ampliación da Rede Natura 2000 en función da Estratexia de Biodiversidade 2020-2030. A promotora presenta un proxecto nunha área lindeira coa Rede Natura. É un proxecto, ademais, que fai parte dun complexo eólico maior (atendendo ao deseño da liña de evacuación entre as centrais de Lamas e a do Monte da Neve) que mesmo invade a Rede Natura. É evidente que analizado o conxunto tal e como hoxe se presenta, o proxecto é un freo á ampliación da Rede Natura nestas comarcas arraianas.
 
[Na web da plataforma están dispoñíbeis dous modelos de alegacións: o resumido e as ampliadas. Pódense descargar aquí: https://xurescelanova.fala.gal/]