
O aparato de propaganda dos xigantes eólicos sae a escena
'La Voz de Galicia' difunde un vídeo dun presunto debate sobre a avalancha de proxectos eólicos, "debate promovido por EDPR España", no que se reforza o discurso das corporacións enerxéticas sobre as bondades das centrais eólicas coa colaboración de representantes políticos e universitarios para lle dar ao formato un ton de obxectividade xornalística e científica.

A Rede do Patrimonio pide unha comisión para avaliar cada proxecto eólico
Reclama a publicación do Catálogo de Patrimonio, advirte de que están en tramitación "preto de 200 proxectos eólicos no territorio galego" e considera que "é previsible a irreversibilidade de moitas das accións que se acometan".

A fonte-símbolo: o Xurés non quere eólicos
A plataforma Stop Eólicos Xurés-Celanova denuncia que a pista principal de acceso a un polígono eólico proxectado por Greenalia en Bande esfarelará unha fonte e un bidueiral ao pé da N-540 onde o visitante se atopa por vez primeira coas vistas do Val do Limia enmarcado polos picos dos montes do Parque Natural do Xurés.

Vilar de Barrio levanta a bandeira contra os eólicos
A corporación acorda opoñerse o proxecto do megaparque no Macizo Central impulsado pola empresa norueguesa Statkraft que pretendía chantar 28 aeroxeradores de até 130 metros de altura e infraestruturas de acceso e evacuación de enerxía nun área que afecta a dez concellos ourensáns.

