"Feixoo acabou por converter a Xunta nun pavillón de repouso"

ENTREVISTA | Miguel Anxo Fernán-Vello, cabeza de lista de Galicia En Común por Lugo

Compartilhar no facebook
Facebook
Compartilhar no twitter
Twitter
Compartilhar no google
Google+
Compartilhar no whatsapp
WhatsApp
Compartilhar no telegram
Telegram
Compartilhar no email
Email
Compartilhar no facebook
Compartilhar no twitter
Compartilhar no google
Compartilhar no whatsapp
Compartilhar no telegram
Compartilhar no email

Coletivo Amanhecer | Os Peares, 2 de xullo. “Feixoo non naceu aquí”, conta Miguel Anxo Fernán-Vello, en campaña, na terraza dun restaurante dos Peares sobre o Miño a piques de topar co Sil, coa presa a un lado e no outro unha das altisimas pontes da vía rápida que deixaron a aldea esmagada. Continuidade franquista contra a vida dos ríos e das xentes. Mais Feixoo non naceu aquí, insiste Fernán Vello. “Grazas presidente por coidar de nós“, informa malia todo unha pancarta colocada na entrada da localidade. “Feixoo foi un señorito de Ourense que viña de visita de cando en cando, como agora”.

Para reclamarse rapaz de aldea, Feixoo iniciou aquí a campaña que o levará (informan as enquisas) por cuarta vez á presidencia da Xunta. Xa non o é… Feixoo foi avellentando cos seus votantes, mais aínda lle alcanza. E Fernán-Vello veu até aquí para combater o mito. O candidato por Lugo de Galicia En Común confía en mobilizar ás esquerdas nacionalistas e republicanas para botar Feixoo “ese pequeno ditador con aires napoleónicos…”

Feixoo coida da aldea, empezando pola súa, como di o cartel?

Os Peares representa, no plano simbólico e no plano material, o desleixo; esa Galiza rural que está desprotexida e sufre o abandono, un castigo. Aquí faltan recursos esenciais: sanitarios, educativos, económicos… En once anos de goberno Feixoo, a Xunta non levou adiante plan ningún de transporte, ou de reactivación do comercio de proximidade no rural. A Galiza interior debe estar no primeiro plano da atención das institucións para reverter esta situación. En Galicia En Común temos moi claro que debe ser así.

A que lle fixo máis dano Feixoo nestes once anos, á cultura ou á paisaxe?

Feixoo, como antes Fraga, dedicouse a eliminar os resortes identitarios do país, empezando pola destrución do patrimonio histórico-arqueolóxico, como acabamos de ver estes días coa destrución dun xacemento neolítico por unha pa mecánica… É un ataque continuo a todos os sinais profundos da identidade. E iso pasa tamén en todos os eidos de expresión da cultura: no teatro, nas artes plásticas, na literatura… Desde o 2009 houbo ademais un retroceso notorio. E isto vai parello á destrución do patrimonio natural. A nosa riqueza material non é obxecto de protección, nin foi nin é obxecto de preocupación por parte da Administración Feixoo.

Como está a nación, o nacionalismo… tamén está afectada por Feixoo ou quedará a salvo de novo pase o que pase o domingo?

Temos que entender que estas non son unhas eleccións dunha administración autonómica do Estado. Son unhas eleccións de autogoberno, teñen un carácter nacional. Galiza é unha das nacións máis antigas de Europa. Somos unha nación cultural, e temos que ser tamén unha nación social, que coida do benestar das persoas. A nación ten que estar en sintonía coas demandas das clases populares. Galiza ten un gran potencial, e iso demostrase non só na creación cultural, senón tamén na resistencia diante das imposicións de poderes económicos. Merecemos un futuro e por iso estamos a facer esta campaña chamando á mobilización das esquerdas. E Galicia En Común está preparado para asumir esa Galiza que vén.

Este Parlamento colonial é unha ferramenta útil na construción desa nación, ou é apenas o espazo que o Estado concede ás forzas nacionalistas institucionalizadas?

Temos que converter o Parlamento nunha ferramenta útil para a defensa da identidade material e simbólica do país. É un instrumento. Pero temos que instaurar unha democracia plena nun acto de sintonía coa sociedade, cousa que non se dá… Feixoo non practica o diálogo. Galiza non pode ficar allea ao proceso de reconfiguración do Estado, necesitamos avanzar no autogoberno e na autodeterminación. Hai que usar o Parlamento como un instrumento creativo, como instrumento de reafirmación e de reconstrución da sociedade galega na súa expresión política.

Logo, non basta con desenvolver as competencias?

Temos que desenvolver a democracia, porque vivimos nunha democracia amputada, como dixo Saramago. Nin sequera as competencias da autonomía se están a exercer. Feixoo acabou por converter a Xunta nun pavillón de repouso. Feixoo evita exercer as competencias, vémolo agora no caso de Alcoa. O problema vémolo tamén nos medios de comunicación públicos. Non hai democracia, hai manipulación e terxiversación continua da realidade.

Fernán-Vello, a semana pasada nos Peares. Fotografías: Xurxo Guitián.

Que hai que facer para normalizar a relación do goberno cos medios de comunicación públicos?

Hai que facer cumprir o Estatuto da CRTVG. A sociedade galega no pode aturar máis esta lacra, toda esa manipulación e ocultación. Tamén é preciso actualizar a propia lei de medios para que os medios públicos cumpran a súa función pública e non poidan ficar ao servizo dun partido.

Cal foi a principal ensinanza que tiran da crise de Alcoa?

É unha hecatombe para Lugo e para Galiza… son 5.000 familias afectadas. O que aprendemos é que é preciso activar dúas vontades políticas para salvar Alcoa: a da Xunta e a do goberno do Estado. Pensamos que hai que intervir e abrir vías a unha nacionalización que cada vez parece máis necesaria. A lei permite iso.

E da crise da covid19?

Aprendemos que o neoliberalismo aplicado á política é unha rúa sen saída. Beiras, xa no 2012, dixo que os recortes matan. Hoxe é unha verdade universal… puidemos comprobalo. Na Galiza, a única saída é o cambio de goberno na Xunta e a activación dun plan de choque económico que sitúe o público no lugar que lle corresponde.

Cal foi o mellor consello que lle deron para esta campaña, e quen llo deu?

A nosa organización, Anova, actúa como un cerebro colectivo. Eu, persoalmente, son aberto aos matices que se precisan na política. Penso que a política é un exercicio do colectivo inmediato que busca resolver problemas que se producen na sociedade. Consellos?… dentro de Anova temos loxicamente un referente, e un mestre, que é Xosé Manuel Beiras. Mais tamén hai outras persoas ás que eu escoito moito, unha delas é Antón Sánchez, que é un líder moi próximo ao latexar social. Eu aprendo deles.

Se lle tivera que poñer un titular a esta campaña, cal sería?

Penso que esta é unha campaña para construír o futuro. É un lema moi acertado… Eu diría: Galiza precisa construír o futuro nun momento histórico, os anos vinte do século vinte, para afianzar o noso ser político e o noso autogoberno.

E para a campaña de Lugo?

Pois diría que Lugo precisa superar o estado de abandono, o desleixo que leva sufrindo durante máis de trinta anos.

Onde vai estar a chave para botar Feixoo da Xunta nestes últimos días de campaña?

Na mobilización das mozas e dos mozos. Na mobilización da xente traballadora e do rural e do mar. Na mobilización do voto das esquerdas nacionalistas e republicanas. Se conseguimos activar iso…

[pregunta e resposta a través do teléfono o 7 de xullo]
Que pasa coas eleccións na Mariña?

Antes que pensar no proceso electoral hai que pensar na saúde das veciñas e veciños. A Xunta ten competencias plenas en materia sanitaria, e o Presidente debe informar aos ciudadáns do que sucede e seguir as pautas que marquen os médicos. A información a través dos medios públicos está cancelada. A oposición pediu este luns a comparecencia de Feixoo no Parlamento para explicar o que está acontecendo e as medidas que vai tomar. Antes de decidir nada, hai que ter esa información.

O entrevistado

Miguel Anxo Fernán-Vello

Miguel Anxo Fernán-Vello

Cospeito, 1958. Escritor e político. Foi deputado no Parlamento español en dúas lexislaturas entre 2016 e 2019. Fai parte de Anova, a formación liderada por Beiras, do que é amigo íntimo. Preséntase como número un da candidatura por Lugo de Galicia En Común ás eleccións ao Parlamento galego do próximo 12 de xullo.

Políticas/os

Paula Quinteiro. Vigo, 1990. Deputada por Pontevedra

“Todo o diñeiro público debe ir para a sanidade pública”

Paula Quinteiro volve traballar como enfermeira antes do que contaba e desde finais de marzo está de novo nas listas do Sergas e xa cubriu quendas nos hospitais de Vigo. O que máis lle preocupa agora da política é o camiño que se tomará na saída da crise.

“Feixoo adiou as eleccións, mais non a campaña do PP”

O deputado nacionalista, que leva tres semanas confinado en Madrid para asistir ás sesións no Congreso, é prudente nas valoracións políticas da xestión da crise por parte do Goberno central e móstrase moi crítico coas actuacións de Feixoo, da monarquía e de doantes como Amancio Ortega que non eluden a publicidade.

“Eu não acreditava na necessidade de gerar nova liderança”

Líder boliviano reflete sobre país fraturado por golpe. Redistribuir renda foi crucial, mas liberação política requererá eliminar as brutais desigualdades entre famílias. Para isso, será preciso uma indústria forte e nacional, com respeito à Natureza. Evo Morales em entrevista a Fabián Kovacic, na ‘Brecha’.

Miranda, UE, auga

“Os encoros son un fracaso”

“No BNG non estamos en contra da agricultura, pero si que hai que darlle un tratamento aos residuos. Mesmo hai posibilidades de crear emprego con esa labor… A culpa xa non é só do labrego, a Administración non está facendo nada. Eu creo que a Xunta está porque en Ourense se queime o monte e esmorezan os ríos. Non lles importa porque non hai tantos votos.”

O entrevistado

Miguel Anxo Fernán-Vello

Miguel Anxo Fernán-Vello

Cospeito, 1958. Escritor e político. Foi deputado no Parlamento español en dúas lexislaturas entre 2016 e 2019. Fai parte de Anova, a formación liderada por Beiras, do que é amigo íntimo. Preséntase como número un da candidatura por Lugo de Galicia En Común ás eleccións ao Parlamento galego do próximo 12 de xullo.

Políticas/os

Deixe um comentário

Deixe um comentário