Lumumba e as forzas da historia

Cheikh Fayé

Compartilhar no facebook
Facebook
Compartilhar no twitter
Twitter
Compartilhar no google
Google+
Compartilhar no whatsapp
WhatsApp
Compartilhar no telegram
Telegram
Compartilhar no email
Email
Compartilhar no facebook
Compartilhar no twitter
Compartilhar no google
Compartilhar no whatsapp
Compartilhar no telegram
Compartilhar no email

Thomas Sankara tiña 9 anos cando se celebrou en Accra, a capital de Ghana, a primeira conferencia panafricana. O gran impulsor da reunión foi Kwame Nkrumah, o líder do movemento independentista ganés, un home formado en dereito e con boas relacións en Occidente. Falaremos del noutra historia dos leóns africanos, eses homes xustos que nun par de décadas cambiaron a política do continente negro. En Accra comezou a facerse coñecido un político máis mozo, unha figura que apenas dispuxo duns meses para levar adiante as súas ideas políticas desde o poder, pero que ficou para sempre na memoria da loita anticolonial africana.

Patrice Lumumba tiña 33 anos cando participou na Conferencia de Accra en 1958. Ese ano foi un ano chave na evolución ideolóxica de Lumumba, que en 1955 creara a Asociación do Persoal Indíxena da Colonia, un movemento para promover a independencia do Congo.

Lumumba estudara nun escola relixiosa, formouse como xornalista nun centro protestante e exerceu uns anos o oficio. Era un moderado, de ideoloxía nacionalista e pacifista. Na década dos 50, Lumumba estaba preocupado pola unidade de las tribos do Congo e por revisar as fronteiras trazadas artificialmente polos colonizadores na Conferencia de Berlín de 1884. A diferencia de Thomas Sankara, que sería a imaxe da loita anticolonial nos anos oitenta, Lumumba non era un militar nin un revolucionario… A finais dos 50, as cousas en África ían máis amodo. Lumumba escribira un libro, O Congo, terra de futuro, está ameazado?, no que desde o título demostra a tenrura do que defendía naquelas páxinas: un camiño pacífico cara a independencia.

Pero en 1958 Lumumba espertou daquela ilusión. Decatouse que os belgas non ían mudar a súa actitude paternalista e que tratarían de seguir influíndo e mandando no Congo. Ademais, en Accra atopou acubillo nunha visión moito máis poderosa e ampla. O panafricanismo. Lumumba abrazou esa visión nun momento delicado na historia do mundo, en que dúas forzas, o capitalismo e o comunismo, disputaban a hexemonía. O panafricanismo quedou atrapado entre esas dúas forzas, e as loitas de liberación africanas apoiáronse na parte esquerda do taboleiro. Ou estabas nun bando ou noutro. Lumumba non conseguiu zafarse daquela situación. El, que traballaba pola unidade dentro do Congo e dentro de África.

Lumumba abrazou o panafricanismo nun momento delicado na historia do mundo, en que dúas forzas, o capitalismo e o comunismo, disputaban a hexemonía. O panafricanismo quedou atrapado entre esas dúas forzas, e as loitas de liberación africanas apoiáronse na parte esquerda do taboleiro.

Lumumba aínda non cumprira os 35 anos cando Bélxica declarou precipitadamente a independencia do Congo en 1960, nunha manobra para intentar controlar o proceso. O Movemento Nacional Congoleño, liderado por Lumumba, gañou as eleccións, pero o acordo foi situar na presidencia a Joseph Kasavubu, do Abako, o partido dos Bakongo, unha formación do Baixo Congo. Lumumba foi nomeado primeiro ministro e realizou un discurso moi duro contra a etapa da colonización belga en presencia Leopoldo II.

“Non esquecemos que a lei nunca foi o mesmo para o branco e para o negro, que era indulxente para uns e cruel e inhumana para os outros. Experimentamos sufrimentos atroces, fomos perseguidos polas nosas conviccións políticas e crenzas relixiosas e exiliados da nosa terra natal: o noso destino era peor que a morte. Non nos esquecemos que nas cidades as mansións eran para os brancos e as chozas en ruínas para os negros; que un negro non era admitido nos cines, restaurantes e tendas reservadas para os ‘europeos’; que un negro viaxaba no compartimento baixo os pés dos brancos nas súas cabinas de luxo.”

En presencia do Rei belga, o 30 de xuño de 1960 (aínda non cumprira os 35 anos), Lumumba despregou o seu programa político:

“Xuntos estableceremos xustiza social e garantiremos a cada home unha remuneración xusta polo seu traballo. Mostraremos ao mundo o que o home negro pode facer cando traballa en liberdade e faremos que o Congo sexa o orgullo de África. Vixiaremos para que as terras do noso país realmente beneficien aos seus fillos. Revisaremos todas as leis antigas e converterémolas en novas, xustas e nobres.”

De inmediato, quedou sinalado como comunista. Ou estabas nun bando ou noutro.

Apenas unhas semanas despois, o Exército da nova nación sublevouse, a rexión de Katanga, a máis rica do novo Estado e un dos territorios en disputa que provocara a celebración da Conferencia de Berlín setenta e seis anos atrás, declarou a secesión e o presidente Kasavubu apartou a Lumumba do goberno malia que a Constitución non llo permitía, e púxoo baixo arresto domiciliario. O xefe do Exército, Mobutu Sese, converteuse no home forte do país. Mobutu é un nome infame na historia de África, pero anos despois mesmo se atreveu a declarar heroe nacional a Lumumba, tratando de apropiarse da súa loita.

Foto: PAPPhotoshot / thisisafrica.me

As vidas de Thomas Sankara e Patrice Lumumba, os dous primeiros homes xustos desta historia dos leóns africanos, foron moi diferentes, pero tiveron o mesmo final: Lumumba morreu asasinado 26 anos antes que Sankara. Polas mesmas causas, ao final tamén coincidiran nas ideas políticas sobre África e o camiño da independencia.

En Bruxelas acaban de inaugurar unha praza que leva o nome de Lumumba. Pero o Congo, hoxe República Democrática, segue sendo escenario de loitas alimentadas polos intereses de compañías extractivas e dos gobernos de Occidente. Son as forzas da historia que, até o de agora, impediron que as riquezas africanas sexan por fin dos africanos. Lumumba, como despois Sankara, caeu nesa batalla. Pero a batalla non morreu.

A Coruña, 18 de xullo

Cheikh Fayé

Cheikh Fayé

Gade Escale (Senegal), 1962. Inmigrante. Vive na Coruña desde 2003. Comezou a escribir o blogue Senegaliza hai tres anos, e en 2017 publicou Ser Modou Modou (AS-PG), con textos dese blogue. Mantén unha colaboración periódica en Sermos Galiza e eventuais noutros medios dixitais.

Senegaliza

Os homes xustos

A historia de África contada polos libros escritos polos brancos non é a mesma historia que contan os negros. É difícil relatar a historia desde calquera subxectividade; de aí as preguntas: Que é a historia? É unha disciplina científica? Eu adoito a mirar a historia desde o punto de vista dos leóns e non desde o dos cazadores, como dicía Chinua Achebe.

Deixe um comentário

Deixe um comentário