Mina Touro-O Pino, NON (un texto de Emma Pedreira)

Compartilhar no facebook
Facebook
Compartilhar no twitter
Twitter
Compartilhar no google
Google+
Compartilhar no whatsapp
WhatsApp
Compartilhar no telegram
Telegram
Compartilhar no email
Email
Compartilhar no facebook
Compartilhar no twitter
Compartilhar no google
Compartilhar no whatsapp
Compartilhar no telegram
Compartilhar no email

Somos auga case nun 90%.
O noso corpo humano está composto por un 70% de auga.
O noso cerebro traballador ten un 70%, o sangue un 80,
os pulmóns conteñen un 90% de auga.
As células dos nosos corpos son case agua.
Fluímos.

Este país no que fluímos demárcase entre catro grandes correntes: dous mares que combaten no vértice do noroeste e as cicatrices fondas que son o Miño e o Eo.

No medio de todo, en enorme insignificancia, somos auga, fluímos.

Estamos surcadas pola distancia e a fondura de cada río. Entre a miña a aldea e a túa, un Eume e tres regatos. Do A ao Z temos a hidrografía da paciencia, a termodinámica do sol e as abellas, o desgaste natural da pedra coas correntes, que pode levar mil anos. As pozas do Barbantiño, as correntes de Chelo, as vacas do Támega, os cabaliños do demo do Sarela. Mendo, Mero, Mandeo, como quen vai choutando pedras.

Santiago o Maior -que chocou contra a Raíña Lupa- adentrou Galiza polas tripas dun río. A Lupa no seu trono que goberna desde o Ilicino as terras do Ulla.

Os nosos canóns menos bélicos a chamarse Sil, e Mao e Bibei.

Pártenos o río e cósenos a ponte: Ledesma, Maceira, Vedra, Sampaio, Vea. Estamos sementadas de cicatrices.

Beber cunha folla ou da cunca da man medio litro deitado da boca das fontes que veñen do monte.

Dádenos trinta anos máis e seremos deserto, do Gres de Anisia e Pepe de Neira até a Arousa. Deserto. Estaremos marcadas pola area e polas pedras, un azougue como de espello derretido e metais pesados no estómago de cada reo, de cada troita. Se as houber.

As coviñas que o dedo da moura furgou na pedra para invocar unha fertilidade milenaria contra esa balsa de oitenta metros de profundidade a ceo aberto como homenaxe á morte.

O entullo cada tres pasos, a sede, a voladura, a poeira enganchada ao aire. O silencio dos paxaros todos. Sabedes a que soa o río sen rás e sen crianzas a chapuzarse? […]

A tronada das escavadoras desfacendo o corpo que é verde e terra negra e cantullo como un anaco de torta para poñernos no prato veleno escuro.

Sabedes a que sabe a terra sen miñoca, sen toupa, sen cascuda? […]

E quen verá as nubes por riba da nube da poeira e o chan enlamado por baixo das botas. Os camiños que chegan ao centro do reino coas búsolas rotas e os ollos rotos dos peregrinos.

As máscaras. O engano. O veleno nas mans de quen chega para arrincar os metais metendo os dedos por baixo da nosa pel e turra. Os camións a pisotear o resto. O roubo, o espolio, a precariedade e o engano; as botas da morte na nosa cara.

Canto tardan en sandar as feridas dunha guerra? Seica tres xeracións, cando morran os avós desaparece a memoria nas súas netas. Estas pegadas non desaparecerán nunca. O chan roto, as casas movidas, ¿cantos anos para encher de novo o Val das Encrobas, a ferida no ventre de Pontes, que as silvas traguen o azul radioactivo do Monte Neme?

Noxo do ouro, noxo do cobre, noxo do aluminio. Miseria da prata e do tungsteno. Merda do carbón, cagada do diaño. Feridas do ferro, zurriagazos do zinc.

Prefiro a pel, feita desta auga, alimentada desta auga limpa da que non beberemos dúas veces.

 

Emma Pedreira | A Coruña, 9 de xuño.

Este texto, acordado coas veciñas e veciños afectados pola mina e que se elaborou como apoio ao manifesto oficial, ía ser lido mañá en Compostela durante a manifestación contra a reapertura da mina. Por indisposición, a autora non poderá acudir á protesta.

5 comentários em “Mina Touro-O Pino, NON (un texto de Emma Pedreira)”

  1. Es de coña !!!

    Como puede decir tantas Falacias.

    Otra que está manipulada por las mareas .

    Aquí cada tonto que escriba de lo que sabe .

  2. Y que sepáis que a los que contamos las verdades o estamos rebatiendo los argumentos de esta Plataforma de Mina Non, no borran los comentarios , las noticas etcccccc

  3. Hemos perdido la capacidad de oir. Los ruidos artificiales que nos ‘ocupan’ para que nos despreocupemos y así seamos sordos a los gritos,los lamentos,los suspiros de nuestra Madre,que se nos está muriendo.

  4. Encantame edte escrito te pido permiso para recoger algunas frases ,que para mi son poemas para esa tierra que hay que limpiar,estoy acabando un libro sobre el camino de Santiago ,y me gustaria que me dieras permiso para escribirlas en mi libro ,soy prima de Fita madre de Fef

Deixe um comentário

5 comentários em “Mina Touro-O Pino, NON (un texto de Emma Pedreira)”

  1. Es de coña !!!

    Como puede decir tantas Falacias.

    Otra que está manipulada por las mareas .

    Aquí cada tonto que escriba de lo que sabe .

  2. Y que sepáis que a los que contamos las verdades o estamos rebatiendo los argumentos de esta Plataforma de Mina Non, no borran los comentarios , las noticas etcccccc

  3. Hemos perdido la capacidad de oir. Los ruidos artificiales que nos ‘ocupan’ para que nos despreocupemos y así seamos sordos a los gritos,los lamentos,los suspiros de nuestra Madre,que se nos está muriendo.

  4. Encantame edte escrito te pido permiso para recoger algunas frases ,que para mi son poemas para esa tierra que hay que limpiar,estoy acabando un libro sobre el camino de Santiago ,y me gustaria que me dieras permiso para escribirlas en mi libro ,soy prima de Fita madre de Fef

Deixe um comentário