Forza Arxentina!

Ximena González

Compartilhar no facebook
Facebook
Compartilhar no twitter
Twitter
Compartilhar no google
Google+
Compartilhar no whatsapp
WhatsApp
Compartilhar no telegram
Telegram
Compartilhar no email
Email
Compartilhar no facebook
Compartilhar no twitter
Compartilhar no google
Compartilhar no whatsapp
Compartilhar no telegram
Compartilhar no email

Non me preocupo polo fútbol máis que cando a sobreexposición é tal que a fartura fai reclamar menos circo e máis falar de pan. É dicir, que non teño ningún interese nese deporte. Coñezo apenas as dinámicas mediáticas do fútbol-espectáculo porque para calquera que abra un xornal ou acenda un telexornal a información acaba diante dos ollos, con pouco ou ningún esforzo. Gosto máis do baloncesto, cuestión de costume tamén pois durante máis de 15 anos da miña vida o negocio familiar estivo ligado á hostalería e a este deporte, mas desde aquela non lembro ter visto un xogo completo.

Mas confeso que na miña vida pasa unha cousa curiosa que dalgunha maneira tamén explica o poder do desporto, e en concreto de eventos como o Mundial de fútbol, como ferramenta de construción nacional e de creación de ideoloxía ao servizo do poder. Eu nacín na Arxentina, país que deixei con 11 anos pola vontade dos meus pais de procurar un futuro mellor a aquela época negra do peronismo encarnado en Ménem, nos anos en que o futuro desaparecía para unha clase obreira que chegara a gozar de certas comodidades económicas. Aterrei en Galiza en decembro de 1990 e aquel ano foi ano de Mundial de futbol. Pecho os ollos e son capaz de ver aquela mascota feita a base de cubos de Italia 90.

Das lembranzas que manteño da infancia as últimas vinculadas a Bos Aires están todas relacionadas con aquel Mundial, co patio da miña casa ao que apuntaba a televisión do cuarto dos meus pais para que vísemos os partidos as pequenas mentres o país -como habitualmente- se paralizaba durante o mes no que unha nación atrapada nas redes do FMI, saqueada polos seus dirixentes, sangrando aínda polas feridas das súas desaparecidas, e que perdeu as Malvinas ante Inglaterra e sentiu cobrarse a vinganza a través dun gol e dun Mundial, presumía orgullosa ante o mundo de aquelo no que aínda se sentía grande e poderosa.

Pecho os ollos e son capaz de ver aquela mascota feita a base de cubos de Italia 90.

Lembro a Arxentina xogar contra a URSS, a Pumpido, unha especie de prócer ou guerreiro mítico, lesionarse e a entrada dun tal Goycoechea convertido desde aquelas en heroe nacional por salvar os xogos de cuartos e semifinais aos penaltis. Lembro a sensación de triunfo histórico instalada no meu entorno tras a vitoria ante Italia e lembro como a final contra Alemaña enchía as rúas de xente para celebrar un subcampionato que sabía a vitoria e que instalaba no imaxinario popular un relato incontestábel: Italia dera a través do árbitro o Mundial a Alemaña porque Arxentina a eliminara en semifinais. Épica e fantasía naquela sorte de éxtase colectivo. Lembro por cima de todo iso que aquel mundial deixou instalada na miña memoria, e nese lugar do cerebro no que fican as cousas importantes, unha cantiga que inventamos e que non deixamos de cantar durante a noite que, no carro familiar, nos levaron a percorrer as rúas do centro de Bos Aires onde miles de persoas saían “celebrar” un subcampionato do mundo. Ruído, alegría, “papeliños” e a convicción colectiva dunha grande conquista. Case místico, case de filme. Lembro e escribo e aínda brota algunha bágoa nin sei ben por que.

E por todo iso que lembro, cando chega un acontecemento destes non podo impedir a curiosidade de saber en que grupo lle toca xogar a Arxentina, que cantiga inventaron os seareiros desta volta, que día xoga, contra quen, curiosidade de ir ollando os resultados, con distancia mas con interese. E de sentir que as vitorias da equipa son algo máis que as vitorias de calquera outra equipa.

Non ocuparei, obviamente, moito do meu tempo en atender a este espectáulo cada vez menos deportivo e máis económico que comeza estes días en Rusia, porque sei que non é máis que negocio e chauvinismo para continuar a alienarnos mentres seguen empobrecendo as nosas vidas. Mas sempre que descubro esa sensación de curiosidade ou interese pola miña parte lembro o forte que é a construción da hexemonía cultural nas nosas sociedades. A facilidade que ten para instalar en nós adhesións e sentimentos de pertenza. Que sen manter costumes vinculadas á miña orixe a selección nacional arxentina ten nalgún curruncho das miñas lembranzas liña directa coa infancia e coa necesidade humana de recoñecernos parte dunha comunidade.

Serve -e asúmoa- como contradición política mas sobre todo para entender o potencial do deporte como ferramenta política: eu tamén quero que as miñas crianzas sintan que son parte da súa comunidade, e quero que alá onde estean sintan un vínculo co lugar do mundo no que desenvolvan a súa infancia, tamén a través do deporte.

Por iso as independentistas reclamamos seleccións nacionais deportivas e por iso é importante a Irmandiña.

Gocen da frivolidade do mundial sen mancarse, en 4 anos volve.

E que gañe Arxentina!

Ximena González

Ximena González

Activista social e membro da Marcha Mundial das Mulleres. Co-editora de adiante.gal e socia promotora de Adiante S. Coop Galega.

Deixe um comentário

Deixe um comentário