Organizámonos e gañamos

Un artigo de Carlos Penedo, da Plataforma pola defensa do monte As Salgueiras.

Compartilhar no facebook
Facebook
Compartilhar no twitter
Twitter
Compartilhar no google
Google+
Compartilhar no whatsapp
WhatsApp
Compartilhar no telegram
Telegram
Compartilhar no email
Email
Compartilhar no facebook
Compartilhar no twitter
Compartilhar no google
Compartilhar no whatsapp
Compartilhar no telegram
Compartilhar no email

Carlos Penedo | A Coruña | Xaneiro 2022.  Alá polo ano 2019 publicouse no DOG a avaliación ambiental da repotenciación do parque eólico de Corme. O movimento social de Ponteceso non estaba organizado. Entregamos en tempo as alegacións á evaliación ambiental. A cousa daba un pouco de medo: sete aeroxeradores ian producir máis potencia que os 61 aeroxeradores existentes. Notamos algunhas anomalías que non foron atendidas. Un aeroxerador invadía a zona de protección do Pozo da Lagoa, outro aeroxerador non respetaba a área de protección de un petróglifo e para rematala tres aeroxeradores estaban instalados dentro de Rede Natura.

Pasado un tempo a Xunta deu orde de comenzo das obras. Quedamos sorprendidos por non facer caso as nosas alegadacions e como os informes técnicos da Xunta foron favorbles: medio ambiente, augas e Patrimonio Cultural deron o visto bo. Foi noso primeiro contacto con un modelo eólico corrupto que non prima os intereses das persoas e do medio ambiente senón que estamos diante dun negocio capitalista.

Visto o visto, socialmente organizámonos. Xente do Rural e a Plataforma pola defensa do monte As Salgueiras foron as primeiras entidades creadas en Ponteceso para a defensa do territorio de parques eólicos abusivos. Xente do Rural centrouse na desfeita das obras de repotenciación. Fixeron entre outras cousas un vídeo documental do atroz e impresionte destrozo dun lugar, o promontorio de Corme, natural e paisaxística de unha beleza extraordinaria. Fartas de tal atropelo contactaron cunha entidade ecoloxista. Visto o presentado como mostra realizouse unha denuncia en Fiscalía.

En febreiro do 2020 sae publicado no DOG a avaliación ambiental do parque eólico As Salgueiras é a Plataforma pola defensa do monte As Salgueiras ponse a traballar na defensa do monte As Salgueiras e contra a instalación de un parque eólico abusivo.

En xaneiro de 2022 sae a sentenza do TSXG que anula a autorización da Xunta para repotenciar o parque eólico de Corme. Sinalan que o expediente, someteuse a exposición pública, carecía dos informes sectoriales. Queda anulado, tamén, por reducir á metade ( 30 a 15 días ) o prazo para consultar o imforme de impacto ambiental.

RESUMO: A satisfación é grande. O que máis satisface é que queda demostrado pola xustiza o despropósito do goberno do PP da Xunta, a agresión ao medio ambientes e as persoas que viven nas aldeas, polos políliticos do goberno do PP. A constante vai ser ista, contencioso e sentenza favorable. Se o goberno do PP na Xunta de Galiza non cambia de modelo eólico, mellor que dimita.