"Quen muda o mundo son as mulleres"

Xeracción S. Coop Galega é unha empresa de intervención sociocomunitaria que naceu en Ourense dun curso de emprendemento para desempregadas.

Compartilhar no facebook
Facebook
Compartilhar no twitter
Twitter
Compartilhar no google
Google+
Compartilhar no whatsapp
WhatsApp
Compartilhar no telegram
Telegram
Compartilhar no email
Email
Compartilhar no facebook
Compartilhar no twitter
Compartilhar no google
Compartilhar no whatsapp
Compartilhar no telegram
Compartilhar no email

Ximena González | Ourense, 19 de xullo.  Antía Pérez, Nera Conde, Cristina Conde Corbal e Ángel Gómez coñecéronse nun curso de emprendemento en Ourense. Estaban no desemprego. Anotáronse, e uns meses máis tarde eran socias cooperativista nunha consultora que ofrece servizos de mediación e participación a entidades públicas e privadas cuns principios asentados no feminismo.

O curso, ademais de para xuntarse, serviulles para dúas cousas: emprender esta aventura en común e rexeitar o emprendemento que a sociedade promove como modelo de éxito social. Non é unha contradición…

A aposta de Xeracción é intervir no social dende o ámbito cooperativo. Pensan elas que os servizos sociais son e deben ser un servizo público. E marcáronse o reto de pensar a través de que modelo ou fórmula se podía trasladar un servizo público ao ámbito privado. Naceu Xeracción, “construíndo comunidade” é o seu lema, unha empresa que entende a intervención social como unha oportunidade de crear comunidade e transformar o mundo.

Traballan no ámbito da mediación, a participación e dinamización comunitaria, a consultoría de xénero, a atención e orientación psicolóxica e as políticas socias. E fano todo baixo a mesma lóxica: cooperar fronte a competir. Levan pouco tempo no mundo cooperativo pero xa senten que é o seu lugar natural. Integradas en Espazo Coop lembran e agradecen o acompañamento e a formación que lles proporcionou e que permitiu o arranque de Xeracción, “unha axuda imprescindíbel para existirmos”, recalcan.

Levan pouco tempo no mundo cooperativo pero xa senten que é o seu lugar natural. Fano todo baixo a mesma lóxica: cooperar fronte a competir. 

Á pregunta de que atoparon no modelo cooperativo a resposta é inmediata: “colaboración”. Algo que no ámbito privado do seu sector “non se dá”. A colaboración con outras supón unha “oportunidade inmensa de aprender e pór en común outras formas de traballar na intervención social”. Cidadanía ou Rexenerando son as dúas compañías referentes para elas, dúas cooperativas “exemplares” tamén na colaboración e na formación coas que “sempre é fácil pór en común e mesmo participar de procesos de formación conxuntos”, din.

O traballo cooperativo permítelles flexibilidade para a conciliación coa vida, mais un modelo como o da intervención social tamén require dunha dispoñibilidade particular “tendo que traballar en fin de semana ou polas tardes cando as demais saen do traballo”. E por iso, explican, están a “procurar unha xestión dos tempos razoábel” e lidando coa inestabilidade que supón ter que “traballar por programas e non saber cando se vai iniciar o seguinte con tempo para planificar a vida”.

Achegarse ás institucións

“A institución non nos gusta, pero é a que debe prestar estes servizos”. Así comezan a análise sobre a súa relación coas institucións. No ámbito social a interlocución e mesmo a dependencia económica dos proxectos levados a cabo coa Administración é grande, recoñecen. Mais non renuncian á crítica do actual modelo institucional de intervención social, por veces de desleixo e por veces tan pautado que os programas non se axustan ás necesidades sociais onde se aplican.

“Sabemos que moitas veces o modelo institucional é asistencialista, patriarcal e sen respecto polas veciñas mais traballamos para paliar ese déficit”. E fano a través dun traballo profesional e comprometido cun modelo participativo e aberto á comunidade na que interveñen. A queixa habitual é que “ás veces as institucións venden a contratación de programas como favores”, e atópanse con dificultades para “adaptar os programas, por exemplo os da Xunta, á realidade dos concellos nos que traballamos”. Ás veces isto xera “frustración por un modelo que non serve” e aumenta “a complexidade á hora de abordar o traballo”. Xunto a estes elementos, enriba da mesa tamén colocan o seu entusiasmo.

Tamén hai casos nos que a resposta da Administración é axeitada, admiten; pero mesmo nesas circunstancias pensan que a achega da mediadoras é “perfectamente complementaria”.

No ámbito escolar, no rural, nos proxectos con migrantes, no traballo coas asociacións veciñais, nos programas penitenciarios, na mediación, no acompañamento… en todos hai unha constante, a maioría das persoas que participan, que asisten e que demandan os programas son mulleres.

A mediación, un reto con futuro

De todas as áreas de intervención social nas que traballan, as integrantes de sinalan a mediación como a máis difícil. “Sen dúbida; e resulta complicada de introducir porque ninguén asume que os conflitos existen e que polo tanto cómpre detectalos e actuar sobre eles”. Son os programas que a Administración habitualmente non oferta, que as entidades non adoitan a demandar, pero que finalmente se van introducindo “medio de perfil” a través de outras actividades e programas. “Todo o mundo evita os conflitos en lugar de resolvelos”, advirten. A súa especialidade é afrontalos desde o principio. E con principios…

Tres das catro socias son mulleres. Na conversa xorde pronto unha evidencia: “a maior parte das persoas coas que traballamos, en calquera ámbito, son mulleres”. Unha das sociais afirma con forza: “quen muda o mundo son as mulleres”. E todas asenten. No ámbito escolar, no rural, nos proxectos con migrantes, no traballo coas asociacións veciñais, nos programas penitenciarios, na mediación, no acompañamento, en todos hai unha constante que non pasa desapercibida, e é que a maioría das persoas que participan, que asisten e que demandan os programas de intervención social son mulleres. “O feminismo é un dos nosos valores”, aseguran; e a demostración práctica é a cantidade de programas orientados ao traballo con mulleres que puxeron en marcha dende Xeracción, “practicamente todos os que levamos feito”.

Durante toda a conversa paira a idea da importancia do modelo cooperativo fronte ao modelo empresarial no ámbito da intervención social. Elas pensan que este modelo é unha necesidade “se se quere transformar o mundo e non unicamente prestar un servizo”. As ideas téñenas claras e teñen ánimo dabondo para levalas adiante. As voces de Xeracción teñen o entusiasmo de quen acredita no que fai e no camiño a percorrer. Cooperando con outros proxectos en lugar de competindo. Ha saír ben.

Deixe um comentário

Deixe um comentário