![](https://adiante.gal/wp-content/uploads/2020/01/Joker-II-2.jpg)
A violencia imposible
A personaxe de Arthur Fleck está atravesada por mil violencias coma se fora un boneco vodú cheo de alfinetes. O punto do que parte a historia xa sería motivo de malestar e sufrimento sen necesidade dun trastorno mental diagnosticable, pero se hai unha estrutura clara no filme é a crecente acumulación. Aparece unha tensión con dúas posibilidades de final: o suicidio de Arthur Fleck ou o nacemento de Joker.