A depresión ourensá
O PP estalle dando á cultura a categoría de campo de batalla. Pretende crear en Ourense un falso enfrontamento entre o cultural e o popular. O reto é crear modelos de intervención fundamentados no patrimonio cultural, no desenvolvemento sustentable do tecido urbano, na tradición rural e tamén na urbana.