46 colectivos, en apoio de Manuel García contra a demanda de Coren

"Queremos unha sociedade sen mordazas, na que denunciar en voz alta os excesos ambientais non supoña un risco".

Compartilhar no facebook
Facebook
Compartilhar no twitter
Twitter
Compartilhar no google
Google+
Compartilhar no whatsapp
WhatsApp
Compartilhar no telegram
Telegram
Compartilhar no email
Email
Compartilhar no facebook
Compartilhar no twitter
Compartilhar no google
Compartilhar no whatsapp
Compartilhar no telegram
Compartilhar no email

Redacción adiante | A Coruña | 28 de febreiro.  A empresa COREN acusa a Manuel García, activista do MEL (Movemento Ecoloxista da Limia), de intromisión ilexítima no dereito ao honor, por facer “imputacións falsas” contra ela nun programa te televisión emitido o pasado ano.

A empresa, que presentou unha demanda civil por danos, estima os danos e prexuízos nun millón de euros. Este luns, día 2 de marzo, terá lugar no xulgado de Xinzo de Limia un acto de conciliación entre Manuel García e COREN. Diante do que consideran “unha persecución”, 46 colectivos ecoloxistas e da sociedade civil asinaron un manifesto en defensa do activista de MEL, pois consideran esta demanda “un intento de amedrentar a quen sinalan as malas prácticas da gandaría industrial e deciden enfrontarse a sistemas inxustos por conseguir dereitos e liberdades sociais e ambientais”.

“Mentres que persoas e colectivos que traballan na defensa da xustiza social e ambiental son perseguidos, entidades vinculadas ás elites políticas e empresariais dispoñen dos medios posibles para evadir sancións penais e económicas, ou que se mire para outro lado ante as agresións que padece o entorno no que vivimos”, din os ecoloxistas no comunicado publicado este xoves.

O manifesto, do que deu conta adiante.gal esta mesma semana, lembra, entre outras cuestións, que “a gandaría industrial ten repercusións ambientais innegables, especialmente sobre a auga e sobre os solos. A cantidade de xurros e residuos xerada por este tipo de industria é un grave problema para as zonas máis afectadas”. E subliña que esta industria “é responsable dunha parte importante das emisións mundiais de gases de efecto invernadoiro. Ademais, as grandes extensións de cultivos destinadas a producir os alimentos para os animais criados de xeito intensivo provocan a deforestación de enormes extensións no noso planeta”.

O texto está asinado por: A Ría Non Se Vende, rede de colectivos, A Terra Non Se Vende, ADEGA, ADENCO, Agora Galiza-Unidade Popular, Amigos da Terra, Amigos das Arbores de Ourense, Anova, Asociación Ambiental Petón do Lobo, Asociación Ambiental Senda Nova, Asociación Cova Crea, Asociación de Víctimas de la Justicia, Asociación Fontaíña, Asociación O Bión. Xinzo de Limia, Asociación Pola Defensa da Ría, Pontevedra, Asociación Sachos á Rúa, Centro para a Resiliencia Pousadoira, Cerna, Colectivo Ecoloxista Luita Verde, Colectivo Matogueira, Comité pola Memória Histórica do Val do Límia, Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Tameiga, ContraMINAcción, Ecoloxistas en Acción Galicia, En Marea, Federación Ecoloxista Galega, Greenpeace Galicia, Grupo Común da Esquerda, Grupo Municipal EU Son do Porriño – Son en Común, Mesa de Equo Galicia, O Grelo Verde, colectivo pola agricultura ecolóxica, O Ouriol do Anllóns, Plataforma Auga Limpa Xa!, Plataforma Casalonga Limpa de Residuos, Plataforma Monte Neme, Plataforma pola Defensa do Rural. Ponteceso, Plataforma Veciñal Mina Touro-O Pino Non, Salva la Selva, Salvemos O Iribio, Salvemos Monteferro, Sindicato Labrego Galego, Sociedade Galega de Ornitoloxía, SOS Groba, Vaipolorío, Verdegaia e Véspera de Nada.

Durante o día, Manuel García e o manifesto continuaron sumando adhesións públicas.

Deixe um comentário

Deixe um comentário