
Ecoloxistas exixen en Ourense moratoria para frear as macrogranxas
Durante a concentración, os activistas exhibiron mostras de auga contaminada polos efectos da gandaría industrial que producen un grave impacto ambiental, salientando a proliferación de toxinas no encoro das Conchas, convertido no sumidoiro da gandería industrial limiá.

Xa é oficial: na Limia hai un problema, pero non hai solución á vista
O goberno recoñece que "a sobreexplotación do gando na rexión" con "exceso de xurros e esterco" provoca unha "contaminación difusa da auga por nitratos e carbono", pero a Xunta non fixo nada para deter estas prácticas.

Acto de intimidación en Xinzo da Limia
Medio cento de gandeiros concéntrase ás portas do xulgado de Xinzo da Limia durante a citación do activista do MEL que denuncia a contaminación das augas da comarca polas prácticas da gandaría industrial. Manuel García reafírmase nas declaracións polas que Coren ameaza con demandalo. O acto de conciliación remata sen acordo e a empresa dispón agora de 4 anos para activar a demanda por 1 millón de euros.

46 colectivos apoian a Manuel García contra a ameaza de Coren
"Queremos unha sociedade sen mordazas, na que denunciar en voz alta os excesos ambientais non supoña un risco!", explica Verdegaia na nota de prensa na que se fai público o manifesto.

O xulgado de Xinzo cita o ecoloxista ameazado por Coren para o 2 de marzo
Colectivos ambientalistas promoven un manifesto de apoio a Manuel García no que advirten: “non pode ser que cando denunciamos práctica agresivas para o medio ambiente sexamos nós quen se sente no banco. Non imos deixar que nos poñan a mordaza."

“Parece que Coren quere aplicar por si mesma a lei mordaza”
ENTREVISTA | Manuel García, labrego de Rairiz de Veiga, ameazado por COREN cunha demanda civil de 1 millón de euros por "intromisión ilegítima en el derecho al honor" da empresa.

