A lista Monge medra, mais A Coruña nada fai por reparar a memoria
A CRMH da Coruña difunde o manifesto 'Os tempos son chegados'
Redacción adiante | A Coruña | 30 de xuño de 2021. A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH) difundiu onte o manifesto Os tempos son chegados no que se reclama a eliminación das distincións franquistas do rueiro e das institucións democráticas. A lista Monge, que o ex presidente da asociación de memoria coruñesa, Manuel Monge, presentou hai agora dous anos e medio, segue a medrar. Ademais dos novos achados do pertinaz investigador, está a inacción do Concello da Coruña e da Deputación Provincial, constantemente interpeladas mais completamente xordas até o momento.
O manifesto advirte da presenza de simboloxía franquista e todo tipo de distincións honoríficas, concedidas durante a ditadura, no concello da Coruña (108) e na Deputación Provincial (37).
“Como hai doce anos, estamos ante un debate que non debe quedar reducido a uns expertos nin sequera ás comisións das distintas institucións, senón que interesa a toda a sociedade galega e por iso queremos dar a nosa opinión”, di o texto antes de lembrar que o 26 de decembro de 2006 o Parlamento Galego acordou instar ao Goberno Galego a retirar progresivamente dos edificios públicos e centros dependentes da Administración “as denominacións que fagan referencia a figuras ou feitos relacionados co franquismo”.
En marzo de 2008 outra Proposición non de Lei instaba á Xunta de Galicia a “eliminar de todos os edificios públicos dependentes da súa Administración toda a simboloxía fascista e a promover a supresión dos nomes destes edificios que fan referencia a persoeiros representantes ou partidarios da ditadura franquista”.
A Deputación da Coruña sumouse á reivindicación en outubro do 2018, instando aos concellos da provincia “a eliminar os restos de simboloxía franquista (escudos, insignias, placas, nomenclátor das rúas, inscricións) distincións a golpistas, franquistas e demais formas de exaltación e enaltecemento individual ou colectivo da sublevación militar de 1936 e do franquismo, e dos seus dirixentes”.
A lista Monge está composta hoxe por 145 símbolos. Son estes:
No Concello da Coruña
A) Rúas (30)
Avenida Calvo Sotelo. Ministro na Ditadura de Primo de Rivera, fascista e golpista.
Rúa Hogar Calvo Sotelo
Peirao de Calvo Sotelo
Peirao Almirante Vierna. Militar golpista
Avenida de Salgado Torres. Falanxista e represor.
Avenida de Primo de Rivera. Militar golpista. Ditador.
Diego Delicado Marañón. Presidente da Deputación na Ditadura.
Cabo Ponte Anido. Participante nunha bandeira da Falanxe e na División Azul.
Praza José Toubes. Crego e colaborador na represión.
Disciplina. Antes Liberdade.
Salgado Somoza. Antes Progreso.
Del Palomar. Antes José Martínez Fontenla, dirixente republicano.
José Fariña Ferreño. Fascista, enlace cos militares golpistas de Andalucía.
Praza Pintor Sotomayor. Franquista. Alcalde na ditadura.
José Pérez-Ardá y López Valdivieso. Alcalde na ditadura.
José Crespo y López-Mora. Alcalde na ditadura.
Eduardo Ozores Arraiz. Militar golpista, alcalde na ditadura.
Alfonso Molina Brandao. Alcalde na ditadura.
Sergio Peñamaría de Llano. Represor, fiscal militar, alcalde na ditadura.
Eduardo Sanjurjo de Carricarte. Alcalde na ditadura.
Demetrio Salorio Suárez. Alcalde na ditadura.
Jaime Hervada Fernández-España. Alcalde na ditadura.
José Manuel Liaño Flores. Alcalde na ditadura.
Berta Tapia Dafonte. Alcaldesa antes das primeiras eleccións democráticas.
Avenida Barrié de la Maza. Franquista, colaborador co exército sublevado en 1936 e nos espolios do pazo de Meirás e Casa Cornide.
Dique de Abrigo Pedro Barrié de la Maza. .
Benito Blanco-Rajoy Espada. Como Decano do Colexio de Avogados participou na depuración.
Ambrosio Feijoo Pardiñas. Participou como xeneral en consellos de guerra contra militares que non apoiaron a sublevación de 1936.
Rafael del Río. Membro de Caballeros de La Coruña, participante na represión.
Avenida del Ejército, inaugurada na ditadura.
B) Retratos (20)
Sisenando Martínez Yunta. Militar golpista, alcalde na ditadura.
Juan González-Regueral y Álvarez Arenas. Militar golpista, alcalde na ditadura.
Sergio Peñamaría de Llano. Participante na represión e alcalde na ditadura.
Eduardo Ozores Arraiz. Militar golpista e alcalde na ditadura.
José Pérez Ardá y López Valdivieso. Militar golpista e alcalde na ditadura
Eduardo Sanjurjo de Carricarte. Alcalde na ditadura.
Diego Delicado Marañón. Presidente da Deputación na ditadura.
José Calvo Sotelo. Ministro na Ditadura de Primo de Rivera, fascista e golpista.
Miguel Primo de Rivera. Golpista e Ditador.
Severiano Martínez Anido. Militar golpista e ministro de Franco.
Mario Muslera y Planes. Militar golpista.
Fernando Álvarez de Sotomayor y Zaragoza. Franquista e alcalde na ditadura.
José Crespo y López-Mora. Alcalde na ditadura.
Alfonso Molina Brandao. Participante no exército sublevado e Alcalde na ditadura.
Demetrio Salorio Suárez. Procurador nas Cortes franquistas e alcalde na ditadura.
Jaime Hervada Fernández-España. Alcalde na ditadura.
José Manuel Liaño Flores. Procurador nas Cortes franquistas e alcalde na ditadura.
Berta Tapia Dafonte. Falanxista e alcaldesa antes das primeiras eleccións democráticas.
Pedro Barrié de la Maza. Franquista e colaborador co exército sublevado en 1936.
C) Distincións honoríficas (28)
C1) Fillos Adoptivos (10)
Severiano Martínez-Anido (Pleno 19-7-1928). Golpista e represor.
José Calvo Sotelo (19-7-1928). Ministro na ditadura de Primo de Rivera e golpista.
Fernando Álvarez de Sotomayor y Zaragoza (17-10-1945). Alcalde na ditadura.
Diego Delicado Marañón (6-7-1949). Presidente da Deputación na ditadura.
Constantino Lobo Montero (14-7-1953). Militar golpista.
José Manuel Pardo de Santayana (20-10-1960). Falanxista e gobernador da Coruña.
Manuel Fraga Iribarne (24-12-1968). Falanxista e ministro de Franco.
Laureano López Rodó (15-5-1972). Ministro de Franco.
Luciano García Machiñena (15-5-1972). Capitán Xeral de Galiza na ditadura.
Jaime Masaveu Masaveu (15-5-1972). Profesor de Dereito Penal que xustifica o golpe de Estado
C2) Fillos Predilectos (6)
Mario Muslera Planes (Pleno novembro 1924). Xeneral golpista.
Severiano Martínez-Anido (19-7-1928). Xeneral golpista.
José Calvo Sotelo (19-7-1928). Ministro na ditadura de Primo de Rivera e golpista.
Alfonso Molina Brandao (26-11-1958). Alcalde na ditadura.
Pedro Barrié de la Maza (30-3-1950). Franquista e colaborador co exército sublevado.
Enrique Salgado Torres (1975). Falanxista e represor.
C3) Medallas de Ouro (8)
José Calvo Sotelo (19-7-1928). Ministro na ditadura de Primo de Rivera e golpista.
Severiano Martínez-Anido (19-7-1928). Xeneral golpista.
Miguel Primo de Rivera Orbaneja (9-8-1928). Ditador.
Alfonso Molina Brandao (26-11-1958). Alcalde na ditadura.
José Fariña Ferreño (Pleno 25-9-1962). Fascista, enlace desde Portugal cos golpistas.
Enrique Salgado Torres (27-7-1963). Falanxista e represor.
Eduardo Sanjurjo de Carricarte (15-2-1966). Alcalde na ditadura.
Pedro Barrié de la Maza (5-4-1963). Franquista. Colaborador co exército sublevado.
C4) Medallas de Prata (1)
José Fariña Ferreño (Pleno 6-6-1950).
C5) Medalla de Bronce (1)
Rei Juan Carlos I (15-3-1976). Nomeado por Franco como o seu sucesor na Xefatura do Estado. Gran fortuna en paraísos fiscais e Suíza. Corrupto.
Medallas ao Mérito, categoría de Ouro (1)
Ramón Bermúdez de Castro y Pla (9-12-1964). Golpista e gobernador Civil na ditadura.
C6) Alcaldes Honorarios (1)
Miguel Primo de Rivera Orbaneja (9-8-1928). Militar golpista e ditador.
D) Escudos, placas, monumentos, e grupo de vivendas (27)
Monólito ao alcalde José Pérez Ardá, alcalde na ditadura.
Monólito ao alcalde Alfonso Molina, alcalde na ditadura (7-10-1968).
Placa na casa onde naceu Alfonso Molina: “coruñés ejemplar” (7-10-1967).
Busto do alcalde Eduardo Sanjurjo de Carricarte, alcalde na ditadura.
Placa na entrada do cárcere (20-9-1927) con referencia a Calvo Sotelo e Mario Muslera.
Placas en edificios co símbolo do Instituto Nacional da Vivenda franquista.
Placa no aparcamento subterráneo de María Pita: “Saída P. Millán Astray”.
Sinal de tráfico na Casa do Mar con referencia ao “Complexo Hospitalario Juan Canalejo”.
Placas antigas con referencia ás rúas franquistas, debaixo dos nomes actuais.
Grupo de vivendas Pardo de Santayana en Labañou.
Placa con referencia a Liaño Flores fronte á entrada no salón de plenos do palacio municipal de María Pita.
Baixorrelevo de madeira de Liaño Flores cos reis na entrada do salón de plenos.
Placa no Dique de Abrigo a Pedro Barrié de la Maza.
Monólito na estación de ferrocarril de San Cristobal con referencia a Martínez Anido, Primo de Rivera e Calvo Sotelo .
Monólito coa inscrición “Avenida de la Marina”, nos xardíns de Méndez Núñez.
Placa na casa onde naceu Barrié de la Maza na praza de María Pita: “ejemplar coruñés” (17-12-1988). [na imaxe da cabeceira]
Placa “Sala de Honor Tte. Gral, Yagüe”, no Palacio de Capitanía Xeneral.
Nunha colección de bandeiras de España no Palacio de Capitanía e despois da bandeira da II República, evita poñer que a bandeira corresponde á ditadura.
Museo Histórico Militar, que non fai referencia á ditadura, nin a Franco como ditador, nin a militares como golpistas: Retrato e busto de Franco; panel informativo sobre a Guerra Civil; retratos do Marqués de Cavalcanti e do xeneral Romero Corral; retrato de Sergio Peñamaría de Llano, uniforme e pistola; mosquetón de Foucellas.
E) Centros de ensino (3)
CEIP Salgado Torres
CEIP Sal Lence
CEIP Sajurjo de Carricarte.
Na Deputación da Coruña
F) Retratos de presidentes no salón de plenos (7)
Juan José Barcia Goyanes. (29-10-1938 a 28-10-1939). Autor: “A. Carpo 2007” (Alberto Álvarez Martín)
Emilio Romay Montoto. (1929-1930 e 1939-1950). Autor: Luis Mosquera 1951.
Diego Delicado Marañón. (1950-1961). Rogelio Puente 1990.
Rafel Puga Ramón. (1961-1970). Rogelio Puente 1990.
Ángel Porto Anido. (1970-1974). “Toledano 1977” (Ángel Toledano).
Lino Rodríguez Madero. (1974-1977). “Argüelles 1983” (Julio Argüelles¨).
Manuel Fraga Solar (1977-1979). Rogelio Puente 1990.
G) Distincións honoríficas (27)
G1) Fillos adoptivos (17)
Enrique Cánovas Lacruz (5-1-1937). Golpista, xefe da guarnición que se subleva na Coruña.
Florentino González Vallés (5-1-11937). Golpista, tenente coronel da Garda Civil e Gobernador.
Luís Tovar Alonso (5-1-1937). Golpista. Tenente Coronel e Xefe de Estado Maior Provisional.
Pablo Martín Alonso (5-1-1937). Golpista, coronel do Rexemento Zamora, ministro do Exército.
José Antonio Girón de Velasco (25-9-1950). Falanxista, ministro de Traballo na ditadura.
Rafael Hierro Martínez (24-3-1951). Gobernador Civil e Director Xeral de Seguridade
Diego Salas Pombo. (29-8-1951). Falanxista, Gobernador, procurador nas Cortes franquistas.
Fernando Suárez de Tangil (25-5-1952). Vicepresidente das Cortes, ministro na ditadura.
Antonio Pedrosa Latas (27-6-1953). Falanxista, participou na represión.
Francisco Delgado Serrano (28-7-1953). Golpista, Capitán Xeral de Galiza na ditadura.
José Manuel Pardo Santayana (27-11-1953). Falanxista, Gobernador Civil da Coruña.
Cirilo Cánovas García (26-10-1959). Falanxista, ministro de Agricultura na ditadura.
Fermín Gutiérrez de Soto (27-2-1960). Golpista, Capitán Xeral de Galiza na ditadura.
Cristóbal Graciá Martínez (29-8-1960). Falanxista, Gobernador Civil da Coruña.
Manuel Fraga Iribarne (27-11-1965). Ministro de Información e Turismo na Ditadura.
Laureano López Rodó (27-11-1965). Ministro de Planificación e Desenvolvemento na ditadura.
Gonzalo Fernández de la Mora y Mon (19-5-1973). Ministro de Obras Públicas na ditadura.
G2) Fillos predilectos (7)
Emilio Romay Montoto (10-2-1950). Presidente da Deputación na ditadura.
Constantino Lobo Montero (27-3-1951). Militar, participou na sublevación de 1936.
Salvador Moreno Fernández (29-8-1951). Golpista, Almirante da Armada. Ministro.
José María Rivero de Aguilar Otero (28-12-1951). Militar golpista.
José Fariña Ferreño (27-6-1953). Fascista, enlace dos golpistas cos sublevados de Andalucía.
Francisco Núñez Rodríguez (28-11-1968). Militar golpista.
Enrique Salgado Torres (30-7-1970). Falanxista, participou na represión.
G3) Medalla de Ouro (2)
Evaristo Martín Freire (26-3-1966). Falanxista, golpista, Gobernador Civil da Coruña.
Pedro Barrié de la Maza (17-5-1971). Empresario franquista
Medalla de Prata (1)
Javier Pardo Bedia (12-7-1969). Vicepresidente da Deputación.
H) Centros de ensino (2)
IES Rafael Puga Ramón
Fogar Infantil Emilio Romay
I) Placas (1)
“Polideportivo Calvo Sotelo” no vello IES Calvo Sotelo.
Memoria
“O mural do Furriolo sorprendeume a min mesmo pola súa potencia”
Memoria discreta: en Neda discuten se retirar ou non a cruz
Ningún demócrata nega xa o espolio de Meirás
Non queremos ao Camarada Fraga como fillo adoptivo
Meirás, a porta que tardou en se abrir
A vila da morte (II): 1939, ano da infamia
Memoria humillada: o Ducado de Franco e o Señorío de Meirás
O racismo e o fascismo não passarão!
“É difícil baixar Barrié e Alfonso Molina dos altares da Coruña”
Levárono o Furriolo e non se volveu saber del
Memoria imposta: a cruz do Castro en Vigo
Memoria Histórica, nin está nin se lle espera
Memoria indecisa: cruces franquistas de quita e pon
Apropiación simbólica do territorio: os monumentos franquistas
“Juan Carlos I nunca condenou o franquismo”
“A memória é reparadora e ajuda a curar umha psique danada”
A memoria do país pide a retirada da cruz falanxista de Celanova
Meirás, o españolismo e os valores contra a democracia
Outras novas
Recadación de fondos para crear o Bosque da Lingua nos Montes de Couso
O aparato de propaganda dos xigantes eólicos sae a escena
Ecoloxistas exixen en Ourense moratoria para frear as macrogranxas
Outras novas
Recadación de fondos para crear o Bosque da Lingua nos Montes de Couso
O aparato de propaganda dos xigantes eólicos sae a escena
Ecoloxistas exixen en Ourense moratoria para frear as macrogranxas