
“Por vez primeira o Estado demanda ao franquismo nos tribunais”
Carlos Babío, coautor de ‘Meirás. Un pazo, un caudillo, un espolio’, a peza clave na demanda contra os Franco: “Meirás foi un asunto mal pechado na chamada transición democrática e agora estase tratando de resolver. Isto racha co relato que o Estado mantiña até o momento respecto da transición”.