Anxo Quintana

Allariz, 1959. Foi vicepresidente da Xunta de Galiza entre o 2 de agosto de 2005 e o 20 de abril de 2009. Foi alcalde de Allariz entre 1989 e o 2000. Foi Portavoz nacional do BNG entre novembro de 2002 e maio de 2009. Foi senador por designación do Parlamento galego entre o 2000 e o 2005. Despois de cinco décadas de militancia, abandonou o BNG en marzo do 2016. Segue declarándose nacionalista. Actualmente ocúpase en negocios de hostalaría en Allariz e Ourense. Vive entre Allariz e Sada.