Itziar Ziga

Rentería, 1974. Activista feminista e xornalista. Licenciada en Ciencias da Comunicación, leva 25 anos militando no feminismo das marxes. Fixo parte de varios proxectos como o Front d’Alliberament Gai de Catalunya, Ex_dones ou o movemento de apoio ás presas do 4F. No que ela chama o seu exilio en Barcelona, traballou en empregos precarios e exerceu como xornalista no xornal de mulleres Andra durante tres anos. Coa publicación de Devenir Perra en 2009 converteuse nunha referencia do transfeminismo no Estado español. Colaborou con Pikara Magazine e actualmente escribe en Parole de Queer, Gara e no blogue Hasta la limusina siempre, e colabora co grupo postporno PostOp.