Marco Pereira Oliveira

Burela, 1993. Estuda o seu primeiro ano de Xornalismo en Compostela. A Assembleia Nacional Galega acaba de nomealo Estudante Galeguista do Ano. Marco abre a primeira edición deste recoñecemento que valora “o uso da língua galega na mocidade, a excelência académica e o compromisso e ativismo em defesa da cultura e da sociedade galega”. Antes de chegar a este punto, pasaron moitas cousas. A educación primaria e secundaria, as adaptacións para a súa deficiencia visual conxénita, o ciclo de FP en Administración e Finanzas, as primeiras veces diante dun micrófono, asimilar as dificultades dunha diversidade funcional, superalas, o programa Grandes Vozes do Nosso Mundo, o amor pola radio.